Música para festexar os 30 anos de solidariedade da Protectora de Animais de Vilagarcía

A protectora de Animais de Vilagarcía fai 30 anos. Para celebralo, a entidade organiza un concerto solidario o vinderio venres día 11 no Auditorio da Cidade. Trátase dunha cita na que participarán Pablo Vidal e Clara Pino, Chaladura Rock e Intro Cover. O prezo das entradas será de tres euros e ademais tamén se vai habilitar unha fila 0.

Os paneis solares instalados na azotea de Ravella permitirán reducir á metade a súa...

En Vilagarcía, a Casa do Concello pode chegar a reduci-la súa factura da luz ata nun 50% grazas aos seus novos paneis de enerxía solar. Foron instalados na azotea do consistorio. Segundo estiman, o novo equipamento produce uns 20 kilovatios. Detrás deste proxecto está o obradoiro de emprego Labora Xove de enerxías renovables.

Os motores de 200 coches únicos ruxen en Vilagarcía na segunda concentración Ride’N Nice

Os afeccionados ao mundo do motor déronse cita este domingo en Vilagarcía. A cidade acolleu a segunda edición da concnetración Ride’N Nice, unha iniciativa aberta a todo tipo de vehículos, sen importar marca ou a súa idade. No evento participaron uns 200 coches.

O 061 non desbota que a ambulancia medicalizada do Salnés volva operar dende Sanxenxo...

Xa está operativa a nova base da ambulancia medicalizada do 061 no Hospital do Salnés. As instalacións, renovadas e máis amplas, recibiron hoxe a visita do conselleiro de Sanidade. Un acto que se fixo coincidir co retorno da ambulancia medicalizada a este centro hospitalario despois de operar durante todo o verán dende Sanxenxo. A pesares da polémica, dende o 061 non aclaran se esta medida se volverá repetir o vindeiro ano.

A Orde da Ameixa de Carril celebra un capítulo exitoso estreándose no Pazo da...

O Capítulo da Orde da Ameixa estreou este ano localización. A cita celebrouse no Pazo da Golpelleira, en Vilagarcía, despois da ruptura entre a directiva dos Parquistas de Carril e a confraría. O que non cambiou foi a esencia do acto, no que se nomearon as novas donas e cabaleiros que xa son membros da orde.

O BNG reclama á Xunta que manteña a ambulancia medicalizada no Hospital do Salnés...

O BNG do Salnés reclama á Xunta de Galicia que devolva a base da ambulancia medicalizada ao Hospital do Salnés. Co inicio do verán trasladouse a Sanxenxo para atender o incremento de poboación polo turismo. Aquí continuará ata o 31 de agosto, deixando desprotexida, din, á poboación desta zona. A formación nacionalista reuniuse hoxe en Vilagarcía co persoal deste servizo. Reclaman que, en lugar de trasladar a ambulancia medicalizada, se dote Sanxenxo con outro equipamento.

Os veciños de Vilaxoán mobilízanse contra a supresión da parada de autobús do Freixo

O posible cambio dunha parada de autobús en Vilaxoán, no concello de Vilagarcía, enfada e moito aos veciños. Decenas de persoas concentráronse para opoñerse a esta modificación, que afecta á zona do Freixo. Aseguran que o bus para neste punto dende hai máis de 50 anos e culpan directamente á asociación de veciños de propiciar o cambio. O colectivo cre que as manobras do autobús neste punto non son seguras.

A confraría preparará 3.000 quilos de bivalvo para a Festa de Ameixa do Carril

O 11 de agosto Carril renderá tributo ao seu produto estrela. O pobo vilagarcián acolle a vixésimo novena edición da Festa da Ameixa do Carril, que servirá de antesala das festas de San Roque vilagarciás. Serviranse 3.000 kilos de ameixa xapónica ante a falta no mercado de ameixa babosa. Ademais, este ano por primeira vez na súa historia a festa gastronómica non irá da man do Capítulo da Orde da Ameixa.

Máis de 400 regatistas competirán na ría de Arousa no Campionato do Mundo de...

Xa está en marcha en Vilagarcía o Campionato do Mundo de Vela Xuvenil. A inauguración celebrouse onte pola tarde, enchendo o centro da vila de ambiente co desfile dos representantes dos máis de 20 países que participan na cita deportiva. Ata o domingo día 21, máis de 400 deportistas percorrerán a ría de Arousa. Este campionato do mundo é para as clases 49er, 49er FX e Nacra 17. Moitas das tripulacións xa levan semanas asentadas en Vilagarcía para facerse co campo de regatas. Entre os representantes galegos, na categoría 49er hai nomes como o do arousán Jacobo García e o campión de Europa xuvenil, o vigués Jaime Wizner. En 49er FX, será a viguesa Stella Enríquez.

Iníciase a licitación das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa....

Iníciase a licitación das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa. Hoxe a conselleira de planificación de infraestruturas e o seu homólogo de Sanidade visitaron a parcela onde se vai construír o edificio. O novo equipamento suporá un investimento de 19 millóns de euros. A intención é que as obras comecen a finais deste 2024.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete