Zona Aberta leva á praza de Galicia de Vilagarcía o seu photocall do amor...

O amor chega a Vilagarcía da man de Zona Aberta. O colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade pon en marcha a súa campaña de San Valentín. Co apoio do concello, van instalar o propio día 14 de febreiro un photocall na praza de Galicia para que os namorados poidan sacar fotos. Ademais, sortearán unha cea para dúas persoas entre as persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados.

Vilagarcía instalou tres quilómetros de tubaxes de saneamento e pluviais no que vai de...

Este venres o alcalde fixo balance das últimas actuacións, cifrando o investimento en máis de un millón de euros. Alberto Varela apuntou que se viron beneficiadas máis de 300 vivendas de doce lugares e parroquias, a través de 23 obras deste tipo.

Peche no IES Cotarelo Valledor de Vilaxoán demandando melloras no ensino público

Peche reivindicativo no IES Cotarelo Valledor de Vilaxoán. Uns 30 docentes, convocados pola CIG, pasaron a noite no centro para demandar melloras no ensino público. No encerro participaron tamén familias e alumnado. Demandan, por exemplo,  a redución de ratios ou a mellora na atención á diversidade con máis persoal e medios.

O xulgado extingue os contratos de seis traballadoras fixas-discontinuas de Coinba

Nova sentenza favorable para os traballadores de Coinba, en Vilaxoán. Desta volta o xulgado extinguiu os contratos de seis traballadoras fixas discontinuas que non foran convocadas aos seus postos dende finais de 2024. A CIG explica que tamén se lles recoñecen as súas indemnizacións por despedimentos improcedentes. Algunhas destas traballadoras levaban vinculadas a Coinba dende o ano 1987.

O Salnés e A China destacan os avances do último ano nas súas relacións...

A Mancomunidade do Salnés volveu organizar un encontro con representantes do tecido empresarial chinés en España. O acto tivo lugar nun restaurante do centro de Madrid, no que estiveron presentes alcaldes e concelleiros de toda a comarca.

A Mancomunidade convida en Fitur a descubrir O Salnés con calma e ‘a lume...

O turismo 'slow' centrou o paso da Mancomunidade do Salnés por Fitur. A comarca presentouse como un destino no que poder escapar da rutina e desconectar. Dende o organismo comarcal explican que este produto turístico permite ao visitante mergullarse con calma nas orixes de todo o que ofrece O Salnés.

A Mancomunidade convida ao Salnes ao embaixador da China en España para afianzar lazos...

Encontro clave entre a Mancomunidade do Salnés e o empresariado chinés no marco de Fitur. O organismo comarcal organizou un acto en Madrid ao que tamén asistiu o embaixador chinés en España. A cita serviu para seguir promocionando o destino máis alá do verán. De aí a importancia do mercado chinés, caracterizado por viaxar fóra da tempada alta. O presidente da Mancomunidade aproveitou o acto para convidar ao embaixador chinés a visitar O Salnés este ano.

O Conselleiro de Comercio visita Arroupa en Vilagarcía tras recibir o galardón de Comercio...

VILAGARCÍA> Visita do conselleiro de comercio á tenda de Arroupa en Vilagarcía. José González puxo en valor este proxecto impulsado por Cáritas Diocesana de...

Trail e andaina solidarias polo Xiabre para operar 18 nenos saharauis con pé zambo

O Monte Xiabre será o escenario dun trail e andaina solidarios o vindeiro 8 de marzo. Detrás desta proposta está o Club Tríatlon de Vilagarcía, que aproveitará as distintas rutas marcadas pola zona para desenvolver estas probas. O recadado irá destinado a Equipo Nómada, colectivo que aproveitará estes fondos para intervir a 18 nenos saharauis con pé zambo, unha malformación cun fondo estigma social.

Adeus á perigosa curva da rúa Fontecarmoa de Vilagarcía

Vilagarcía ten previsto eliminar este mesmo ano un perigoso punto negro da rede viaria municipal. Trátase da denominada curva da rúa Fontecarmoa. O concello ten para alí un proxecto que consiste no ensanche da vía grazas a un acordo cun veciño para o retranqueo dun muro. Vanse investir case 400.000 euros.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete