Vilagarcía habilitará 120 novas prazas de aparcadoiro nun novo disuasorio no barrio dos Duráns

Vilagarcía habilitará un novo aparcadoiro disuasorio na rúa Aquilino Iglesia, no barrio dos Duráns. Un proxecto que, ademais de dotar de 120 prazas a zona, permitirá completar as beirarrúas seguindo a estética do tramo anterior. O concello investirá 265.000 euros na intervención, que se enmarcará no Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Vilagarcía celebra os 25 anos da súa Toma das Uvas cunha viaxe no tempo...

Vilagarcía xa celebra a chegada de 2026. O municipio acolleu esta mañá as vodas de prata da Toma das Uvas, unha festa moi especial deseñada a modo de viaxe no tempo a través deses vinte e cinco anos de historia. A praza de Ravella encheuse de xente dende as 11 da mañá, para gozar dos distintos espectáculos e animacións, cunha temática que serviu para facer un percorrido polos 25 anos de historia da festa, nacida no ano 1998.

Varios concellos das Rías Baixas recibirán o 2026 con antelación

As Rías Baixas despedirán ao grande este 2025 con multitude de eventos. Un dos máis destacados está en Vilagarcía, coa xa tradicional Toma das Uvas, que celebra o seu 25 aniversario. Ademais, hai propostas noutros concellos, como este mércores á mañá en Cambados ou hoxe á tardiña en Meaño.

Papá Noel percorre os concellos das Rías Baixas recollendo as cartas da rapazada

Papá Noel chegará esta noite, en canto vaiamos para cama, a todos os fogares. Pero antes está a percorrer practicamente todos os concellos da nosa contorna. En Vilagarcía, paseou polo centro da cidade. Arrancou no concello e atravesou varias das principais rúas comerciais saudando e sacando fotos coa xente. A súa última parada foi a Aldea de Nadal, instalada este ano na rúa Clara Campoamor.

Carta reivindicativa da rapazada do colexio de Rubiáns a Papá Noel

Os nenos e nenas piden para este Nadal o que veñen reclamando dende hai tempo: un cambio no transporte escolar que permita mudar os horarios do centro, que arranca a xornada ás 10 menos 10 da mañá. Lembran que a actividade lectiva arranca moi tarde e que iso non só dificulta a conciliación, senón que tamén afecta á saúde dos cativos usuarios do comedor, que apenas teñen tempo para xantar.

Os parquistas de Carril acusan ao concello de Vilagarcía de rozar a prevaricación polo...

Logo de que o concello de Vilagarcdía ordenase o precintado ndas naves dos Parquistas de Carril no peirao do Ramal, hoxe o seu presidente cargou contra a xestión do goberno municipal. José Luis Villanueva considera inxusta a decisión e acusa ao goberno local de estar ao borde da prevaricación.

Vilagarcía evita polémicas prescindindo da solta de globos no 25 aniversario da Toma das...

Vilagarcía celebrará a chegada de 2026 coa xa tradicional Toma das Uvas. Unha cita que este ano promete moitas sorpresas, na conmemoración do seu 25 aniversario. Carlos Blanco e Erea Hierro conducirán un acto no que ademais de recibir o ano novo 12 horas antes con uvas, gominolas e cava; aproveitarase para "rebobinar" e ver como fondos cambiando ao longo deste último cuarto de século. Tampouco faltará a música e a animación, con Somoza Trío ou Nelson Quinteiro.

O Piñeiriño reivindica máis ciencia e menos guerras coa Aldea de Nadal ‘máis pequena...

No barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía, volven facer do pequeno algo moi grande. Logo do éxito do ano pasado, cando crearon a árbore de Nadal máis pequena do mundo, este ano preséntannos a Aldea de Nadal máis pequena do planeta. Un pequeno gran poboado, que só se pode ver a través de microscopio, coas súas casas, a súa árbore e o que é máis importante, cargado de simboloxía a favor da paz. Todo baixo unha mensaxe clara: "máis ciencia, menos guerra e stop xenocidio".

37 millóns de euros en emendas do BNG para a comarca do Salnés

Os nacionalistas presentaron unha batería de emendas para a comarca por un importe de 37 millóns de euros para melloras en materia de sanidade, servizos sociais ou o saneamento e rexeneración da ría de Arousa. O Parlamento de Galicia aprobará este martes as contas da Xunta para 2026, que superan os 14.200 millóns de euros.

Zona Aberta anima o Nadal de Vilagarcía co sorteo de 3.000 euros

O Nadal en Vilagarcía vai polo aire da man de Zona Aberta. O colectivo de comerciantes instalou en pleno centro da cidade un globo aerostático para facer deste un Nadal moi vistoso. A asociación de comerciantes e hostaleiros pon en xogo 3.000 euros en premios.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete