A Deputación lanza unha exposición virtual da ‘Derradeira leición do mestre’

Máis de 26.000 persoas pasaron durante o verán polo Museo de Pontevedra para ver en directo ‘A derradeira leición do mestre’. De feito, tense convertido na exposición temporal máis vista da historia do museo. A obra cumio de Castelao, que representa o fusilamento de Alexandre Bóveda, regresa agora a Bos Aires.

‘O Noso Reto Solidario’, unha iniciativa de emprendemento para impulsar a economía social en...

Xa está en marcha a segunda edición da iniciativa ‘O noso reto solidario’, un proxecto que busca impulsar a economía social en Galicia. Este luns presentaron en Pontevedra os detalles deste programa que pretende potenciar a innovación, o emprendemento social e a colaboración no sector da economía social. Detrás desta iniciativa está Amicos, en alianza coa Fundación Botín e a Fundación Roberto Rivas.

Pontevedra traballará para acoller unha Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon por terceira...

Pontevedra esperta do seu soño do tríatlon. A cidade clausurou onte a Gran Final das Series Mundiais, a segunda que organiza e coa que, segundo a Federación Española deste deporte, volveu facer historia. Dende o concello non agochan o seu orgullo polo acadado e xa adiantan: haberá máis tríatlon en Pontevedra nos vindeiros anos.

O estudo de viabilidade e a proposta de trazado da Vía Verde entre Pontevedra...

Este ano haberá avances importantes no proxecto da futura Vía Verde que unirá Pontevedra e Arcade. Segundo anunciou hoxe o presidente da Deputación de Pontevedra, antes de que remate este 2026 farase entrega do estudo de viabilidade e da proposta de trazado. Luis López visitou hoxe o terreo xunto co director de Ferrocarriles Españoles.

A Festa da Ameixa de Campelo vende máis de 800 quilos de bivalvo na...

A Festa da Ameixa de Campelo deste 2026 xa é histórica. A trixésimo oitava edición da cita celebrouse esta fin de semana que conseguiu bater todos os récords de vendas dende que hai rexistros informáticos. Durante tres días vendéronse nin máis nin menos que 800 quilos de ameixa. Unha cifra que só confirma o éxito dunha festa que ademais este ano estreou o selo de Festa de Interese Turístico de Galicia.

O centro Príncipe Felipe celebra 50 anos de traballo e 3.655 segundas oportunidades

O centro Príncipe Felipe cumpre 50 anos. Un aniversario que hoxe quixo conmemorar a Deputación de Pontevedra. Neste tempo, as súas instalacións foron o fogar de 3.655 persoas; moitas delas estiveron  presentes esta mañá no acto que se celebrou no auditorio José Manuel Pérez Matos, Portu. Tamén asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

‘A derradeira leición do mestre’ convértese na exposición máis visitada do Museo de Pontevedra

A un mes para o seu peche, máis de 17.400 persoas visitaron 'A Derradeira leición do Mestre' no Museo de Pontevedra. A mostra, que xira arredor desta obra insigne de Castelao, convértese na exposición temporal máis visitada da historia desta institución. Na conta atrás para a súa clausura, o presidente da Deputación anima á cidadanía a contemplar o cadro. Estará na cidade ata o día 27 deste mes, antes do seu regreso á Arxentina.

Así vivimos a eclipse en Canal Rías Baixas

Onte foi unha xornada histórica. Puidemos ser testemuñas de excepción dunha eclipse solar total que nos deixou a escuras practicamente por completo. Noutros puntos de Galicia si que se puido observar ao 100%. Un feito que xerou unha gran expectación: a última vez que se deu este fenómeno no noso territorio foi hai 121 anos. Así foi como o vivimos.

Xoel López, Love of Lesbian ou Siloé pasarán por Pontevedra na quinta edición do...

Xa queda menos para unha das grandes citas musicais do verán en Pontevedra. Os días 21 e 22 de agosto a cidade acolle o Río Verbena, festival que chega á súa quinta edición máis que consolidado no calendario. Dezaoito artistas pasarán polos escenarios que se instalarán no Recinto Feiral. Entre eles, Xoel López, Love of Lesbian ou La La Love You.

Pontevedra saca agulla e fío á rúa polo Día Mundial do Bordado

Onte conmemorouse o Día Mundial do Bordado e en Pontevedra medio cento de persoas reuníronse para celebralo. Foi no marco de Vén bordar!, unha iniciativa impulsada pola artista mexicana e veciña da cidade Maritza Bertolini. Un aposta por dar visibilidade ao bordado como expresión artística en pleno espazo público.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete