Impulso ao polígono de Fragamoreira, en Poio
O DOG publica hoxe a aprobación inicial do Plan estruturante de Fragamoreira, instrumento que posibilitará a urbanización da zona. O polígono terá unha superficie de 373.000 metros cadrados e contará cun investimento da Xunta de case 30 millóns de euros. Esta mañá a conselleira de Economía e Industria mantivo un encontro con empresariado da zona. Avanzou que a previsión é que as obras se poidan licitar na segunda metade de 2027.
Poio despacha as 1.500 racións dunha completa Festa da Ameixa de Campelo
A 37 edición da Festa da Ameixa de Campelo encheu Poio de visitantes e esgotou as 1.500 racións dispoñibles. Este domingo foi a xornada na que máis racións se repartiron. Máis alá da parte gastronómica a festa ofreceu distintas propostas musicais para todos os gustos. Como xa é tradición, rendeuse homenaxe ás mariscadoras que se xubilaron no último ano.
Poio celebra ‘un día histórico’ coa saída de La Vuelta dende Combarro
Esta décimo sexta etapa de La Vuelta arrancou sen complicacións dende Combarro, no concello de Poio. A contorna do porto e da praza da Chousa concentraron os equipos e as presentacións dos ciclistas antes do inicio da proba. Pouco despois da 1 do mediodía realizouse o corte da cinta e a saída neutralizada do pelotón. Todo en medio dun amplo dispositivo de seguridade.
Multitudinarias protestas en apoio ao pobo palestino ao paso da Vuelta Ciclista polas Rías...
A etapa de hoxe da Vuelta acabou sendo cortada en Mos oito quilómetros antes da meta por mos das protestas. En Poio milleiros de persoas concentráronse na ponte da Barca, mentres que en Pontevedra a mobilización tivo lugar na zona da rúa Manuel del Palacio. Os manifestantes protestaron contra a participación de Israel, acusando á organización da Vuelta de branquear o xenodicio en Gaza. Ducias de axentes da Garda Civil blindaron o paso do pelotón por estas zonas para garantir a celebración da proba.
Poio xa presume de bandeiras azuis nas praias de Cabeceira e Xiorto
As praias de Cabeceira e Xiorto, no concello de Poio, xa presumen de bandeira azul. O concello izou os distintivos co inicio do mes de xullo, garantindo que estes areais contan con todos os servizos, unha calidade de auga excelente e que están vixiados por socorristas.
10.000 persoas gozaron da noite máis máxica do ano na gran cacharela do San...
As cacharelas do San Xoán encheron de festa e luz toda a nosa contorna. Un dos puntos onde a noite se viviu con máis intensidade foi en Poio. Preto de 10.000 persoas déronse cita na Seca para gozar da noite máis máxica deste municipio. Os 300 quilos de sardiñas quedaron escasos ante esta gran afluencia, esgotándose por primeira vez.
ENCE abre o prazo para a presentación de novos proxectos para o seu sexto...
En marcha a sexta convocatoria do Plan Social de ENCE. Xa está aberto o prazo para presentar os proxectos candidatos. Poderán facelo ata o vindeiro 18 de xullo. Nesta edición, a pasteira destina tres millóns de euros ao programa, que busca impulsar proxectos que favorezan o desenvolvemento sostible e o benestar dos habitantes de Pontevedra, Marín e Poio. Ata o momento, o Plan Social xa apoiou máis de 1.400 iniciativas.
Tradición, música e fogueiras para celebrar as Festas de San Xoán de Poio
Poio xa ten todo preparado para as festas do seu patrón. Do 22 ao 27 de xuño o concello celebra as festas de San Xoán. Unha cita á que non faltarán a programación para todos os públicos, a música dalgunhas das mellores orquestras e, por suposto, a gran fogueira na Seca. Será o día 23, coincidindo coa noite máis meiga do ano.
Ángel Moldes fai balance no ecuador do mandato: ‘Poio está no seu mellor momento’
Tempo de facer balance no concello de Poio. Cando se cumpren dous anos da chegada do Partido Popular de Ángel Moldes ao goberno, o alcalde teno claro: Poio está no seu mellor momento. O rexedor asegura que o municipio está a consolidar a súa transformación, contando con proxectos e subvencións en marcha doutras administracións por valor de 12 millóns de euros.
Poio pon o broche ao II TapeaPoio presumindo de hostalería cunha gran gala
Poio puxo o broche de ouro á segunda edición do certame TapeaPoio 2025. Fíxoo cunha Gala de Hostalería, na que rendeu a súa particular homenaxe ao sector turístico e gastronómico da localidade. Batea Escabechada, do restaurante Evoca, e A Gula do Xabaril, de Casa Ces, foron os premiados polo xurado. O público coincidiu ao escoller na categoría de tapa creativa A Gula do Xabaril. Na tradicional a máis votada foi Filloa de Mar, tamén de Casa Ces.
















