O PSOE instará ao concello de Pontevedra a impulsar alternativas gratuítas de aparcadoiro para...
O Partido Socialista tamén reclama a gratuidade do aparcadoiro do Gran Montecelo. Alcaldes e voceiros da formación dos concellos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés reuníronse hoxe ás portas do actual hospital, acompañados da súa deputada Paloma Castro e do secretario provincial pontevedrés David Regades. Acusan á Xunta de querer implantar un negocio privado paralelo con este aparcadoiro de pago. Ademais, dende o PSOE de Pontevedra xa adiantaron que instarán ao goberno local a impulsar alternativas de estacionamento gratuíto.
O futuro pavillón de tenis de mesa de Monte Porreiro dotará ao barrio da...
Pontevedra xa ten listo o proxecto para o futuro pavillón de tenis de mesa que se localizará no barrio de Monte Porreiro. A nova infraestrutura terá unha superficie de 3.600 metros cadrados e estará soterrada para conseguir as condicións óptimas para a práctica desta disciplina. Na superficie, crearase unha gran praza pública de 5.000 metros cadrados. O obxectivo é adxudicar o proxecto despois do verán.
A AECC divulga a importancia dos cribados no Día Mundial Contra o Cancro de...
Hoxe é o Día Mundial contra o Cancro de Colon, unha efeméride que dende a Asociación Española Contra o Cancro quixeron aproveitar para concienciar da importancia dos cribados. Unha proba moi sinxela, din, que se pode realizar na casa pero que pode mudar por completo o xeito de enfrontarse á enfermidade cun diagnóstico precoz.
Os traballos de restauración de Santa Clara descobren catro pinturas murais únicas en Galicia
Santa Clara continúa desvelando os seus segredos aos equipos que traballan na súa conservación. Os últimos achados son unhas pinturas murais do século XVI que os expertos consideran únicas en Galicia. Atopáronse no antigo refectorio do convento, o espazo que as monxas empregaban como comedor. Sería o único caso de pinturas murais localizadas neste tipo de espazos. A Deputación de Pontevedra xa adiantou que o obxectivo é conservalas para que sexan visitables.
Os veterinarios maniféstanse en Pontevedra contra o decreto que ‘anula’ o seu criterio clínico
Multitudinaria manifestación a celebrada esta mañá en Pontevedra. Numerosos profesionais veterinarios acudiron á convocatoria para amosar a súa oposición ao novo decreto impulsado polo Goberno Central. A norma limita a distribución, prescrición e uso de medicamentos veterinarios e mesmo obrígalles a declarar os antibióticos prescritos en animais de compañía. Denuncian que dificulta o seu labor profesional e pon en perigo a saúde das mascotas ao seu cargo. A protesta estaba convocada a nivel estatal.
Os Bombeiros de Pontevedra incorporan un robot teledirixido para aumentar a seguridade na extinción...
Os Bombeiros de Pontevedra incorporan unha nova ferramenta para o control e extinción de incendios. Trátase dun robot teledirixido que, conectado ao depósito do camión, expulsa auga en diferentes formatos de chorro permitindo chegar a puntos máis complicados dos lumes sen poñer en perigo aos bombeiros. Actualmente só contan con el en España o parque de Bilbao e a empresa Michelín. O concello investiu nel 18.000 euros.
Un edil do PP increpa a Rafa Domínguez para frear unha discusión co alcalde...
A tensión volveu marcar o pleno ordinario de Pontevedra. Hoxe a crispación acadou o seu momento álxido nun punto no que, a priori, non se debatía nada novo: a aprobación definitiva dos orzamentos do 2025. O líder do PP, Rafa Domínguez, atacou aos socialistas falando de corrupción. Comentario que indignou ao PSOE que reclamou unha rectificación. Finalmente o enfrontamento estendeuse ata rematar nunha discusión entre Domínguez e o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores.
Xuntos conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down reivindicando máis inclusión social e...
Hoxe conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down. E en Pontevedra déuselle visibilidade pendurando unha pancarta dende o balcón da Casa da Luz. No acto, ademais de representantes da corporación municipal, participaron directivos e usuarios da asociación Down Pontevedra Xuntos. Aproveitan esta xornada para reivindicar a inclusión social das persoas con esta trastorno e para poñer o foco sobre os retos que presenta o seu envellecemento, cunha esperanza de vida cada vez maior.
Pontevedra precisará dun ano e de 4,6 millóns de euros para destapar o río...
4,6 millóns de euros e 12 meses de traballos serán necesarios para levar adiante a renaturalización do río dos Gafos ao seu paso por Campolongo. Hoxe o equipo redactor presentou o ambicioso proxecto, que supón liberar a canle do río dunha cuberta de máis de sete mil metros cúbicos de formigón. As obras tamén se dirixirán a facer o trazado do Gafos máis natural e a restaurar un ecosistema que non existe na actualidade.
Touceda asume o mando da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra
A Garda Civil conta dende hoxe cun novo coronel xefe na Comandancia de Pontevedra. Manuel Touceda asumiu esta mañá o cargo nun acto presidido polo delegado do Goberno en Galicia. Pedro Blanco expresou a túa 'total confianza' na súa incorporación, augurando excelentes resultados para a seguridade da provincia de Pontevedra. O delegado apuntou que Touceda representa a modernidade e adaptación da Benemérita ás novas necesidades da sociedade.

















