Ribeira investiu preto de 40 mil euros en mellorar os centros educativos de cara...

Ademais do persoal, dende o concello de Ribeira lembran as necesidades que presentan as instalacións de moitos centros educativos do municipio. Ó longo deste verán, o executivo municipal ten investido preto de 40 mil euros na mellora de varios colexios. 

O PP de Boiro denuncia o abandono do sendeiro do Río Breiro a Berres

O PP de Boiro denuncia o mal estado en que se atopa o sendeiro entre o Río Breiro e Berres. A falla de mantemento provocou que a maleza invada parte do camiño dificultando o tránsito.

Portos segue sen autorizar a instalación das festas de Ribeira tras novos requirimentos ó...

O concello de Ribeira descoñece aínda se poderá instalar as festas no recheo portuario. Portos de Galicia ven de requirir a subsanación de varias cuestións técnicas que o executivo local procedeu a emendar. Consideran, sen embargo, que se trata de escusas por parte do goberno autonómico para dilatar o procedemento e impedir finalmente a instalación.

O activista cubano Joelkis Torres abrirá a conmmemoración do Día do Orgullo en Ribeira

O concello de Ribeira conmemorará o Día do Orgullo con varios actos ó longo desta semana. O primeiro será unha charla a cargo do activista cubano Joelkis Torres, organizada por Amnistía Internacional en colaboración con Mulleres en Acción e a asociación Malas Herbas.

Luís Zaherá será o pregoeiro das festas de Boiro que conxugan tradición e modernidade

Boiro quenta motores para celebrar as súas festas de verán, as máis madrugadoras da comarca. Desenvolveranse entre o 4 e o 9 de xullo e contará coas mellores orquestras de Galicia así como tributos a bandas míticas e gran presenza de folclore e música tradicional.

Ribadumia vive xa ao grande a Festa do Tinto do Salnés

Ribadumia xa goza por todo o alto da Festa do Tinto do Salnés. Esta mañá inaugurouse de xeito oficial esta LiI edición, na que se dan cita máis dunha ducia de adegas. Pola carpa instalada en Barrantes pasaron xa multitude de persoas durante esta xornada. Por diante aínda queda moita troula, coas mellores orquestras de Galicia, o gran xantar de confraternidade ou a investidura dos valedores do viño.

Nova concentración en Ribeira pola cobertura das prazas de médico

O centro de saúde de Ribeira volveu ser escenario dunha nova concentración pola sanidade pública. A plataforma reclama a incorporación de médicos para garantir un sistema de atención primaria de calidade.

Monitoras da Pobra denuncia a privatización do servizo de conciliación

Varias traballadoras do concello da Pobra denuncian a privatización do servizo de conciliación. Ademais da ocultación de información por parte da administración, entenden que a calidade do servizo se verá afectada trala súa adxudicación a unha empresa privada.

O BNG esixe á Xunta un informe sobre o impacto socioeconómico de Altri na...

O BNG pide á Xunta de Galicia un informe sobre o impacto socioeconómico de Altri sobre os concellos da ría de Arousa. Máis aló do impacto ambiental, os nacionalistas alertan das negativas consecuencias sobre os miles de postos de traballo directos e indirectos que xera a actividade bateeira e marisqueira en Arousa.

Inclusión social e conservación do medio mariño van da man no proxecto ArousaLab

AMICOS avanza no seu proxecto de sensibilización medioambiental ArousaLab. esta mañá tiña lugar a segunda reunión deste grupo de Traballo coordinado pola Consellería do mar que ten por obxecto a conservación do medio mariño.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete