Un condutor irrompe nunha zona de terrazas a gran velocidade colidindo contra o mobiliario...
Tráxico festivo nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia. Un veciño Muros perdeu a vida nun accidente acontecido no termo municipal de Outes de madrugada. En Ribeira, aínda que non houbo que lamentar vítimas o susto foi tremendo despois de que un vehículo invadira unha zona peonil a gran velocidade colidindo contra o mobiliario urbano.
O pleno de Boiro debate a aprobación inicial da RPT
O executivo de Boiro debate en pleno a aprobación inicial da RPT. O documento contempla a actualización e modificación das funcións dos máis de 200 traballadores do concello así como o incremento salarial que suporá un investimento de máis dun millón de euros.
Podemos urxe unha solución conxunta ós vertidos da Ribeiriña
Podemos Galicia demanda unha solución urxente ós vertidos da Ribeiriña. A súa coordinadora, Isabel Faraldo, visitou a zona para coñecer o alcance do problema no que deben implicarse tódalas administracións.
O Barbanza disporá de autobuses gratuítos para acudir á manifestación pola sanidade este domingo
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza fai unha chamada á participación na manifestación convocada por SOS Galicia para este domingo en Santiago para reclamar melloras na atención primaria e hospitalaria, e en contra da privatización e o desmantelamento da sanidade pública. A entidade alugará varios autocares con saídas dende os catro concellos de Barbanza-Arousa, para poder asistir a esta gran mobilización en Compostela.
BNG e PSOE piden á Xunta que rectifique e non autorice o proxecto de...
Ademais de asociacións e cidadáns anónimos, a mobilización contou coa presenza de tódalas forzas políticas agás o PP. Tamén se sumaron á protesta colectivos ecoloxistas de toda Galicia.
Ribeira participa nun proxecto do Eixo Atlántico para favorecer a cohesión social dos concellos
Ribeira acolleu a presentación do Manual para a Implementación de Laboratorios de Innovación Trasnformadora en concellos e cámaras municipais. Trátase dun proxecto piloto que vén de poñer en marcha o Eixo Atlántico co obxectivo de incrementar a cohesión social e territorial dos municipios.
As Amas de Casa de Ribeira volverán homenaxear ós maiores cunha chocolatada
A Asociación de Amas de Casa de Ribeira volverá homenaxear ós maiores do municipio cunha xornada de confraternidade. Será o domingo día 9 cunha chocolatada e posterior baile no restaurante Baiuca.
Tres concellos do Barbanza estudan mancomunar o servizo de recollida do lixo
Os concellos do Barbanza dan un paso máis á hora de mancomunar servizos. Rianxo, Boiro e A Pobra están a estudar un sistema conxunto de xestión de residuos que permita abaratar os custos e prestar un mellor servizo á veciñanza.
AMICOS busca sensibilizar á poboación fronte ó cambio climático co proxecto Climability
A Asociación AMICOS clausurou esta mañá na Pobra o proxecto Climability. A través desta iniciativa desenvolveuse un estudo sobre os efectos do cambio climático e a adopción de solucións baseadas na propia natureza.
Os veciños de Aguiño levarán ata a Consellería de Sanidade as súas demandas
A alerta laranxa polo temporal costeiro non foi quen de disuadir ós veciños de Aguiño que un venres máis saíron á rúa para reclamar dous médicos a tempo completo. Ademais do reparto de pancartas para colgar nos balcóns, anunciaron que a próxima semana levarán a súa protesta ata Santiago.

















