Medio Ambiente convoca axudas para dinamizar a área de influencia das Illas Atlánticas

A Conselleira de Medio Ambiente visitou o centro de día de Agadea en Ribeira. Ánxeles Vázquez quixo coñecer máis de preto o proxecto ‘Un camino de lembranzas’ que resultoiu beneficiario da liña de axudas para a dinamización dos concellos da área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Boiro volverá acoller a cablagata máis extensa do Barbanza

O concello de Boiro e a Comisión Parroquial de Santiago de Lampón volverán colaborar para traer ós Reis Magos ata o municipio. O día 5, as súas maxestades percorrerán Boiro na cabalgata máis longa da comarca. Na véspera serán as Raíñas Magas as que visiten tódalas parroquias.

Noia Histórica sorteará catro iPhone 15 na súa campaña de Nadal

Noia Histórica presentou esta mañá a súa campaña comercial de Nadal. Con ela buscase dinamizar o tecido comercial da vila. Entre as novidades da campaña deste ano, que se prolongará ata o 5 de xaneiro, figura o sorteo de 4 iphone 15 entre aquelas persoas que realicen as súas compras na localidade.

Unha zona inundable en Valdecorvos, posible solución aos asolagamentos da rúa Fernando Olmedo

Concello de Pontevedra e Augas de Galicia traballarán de xeito conxunto na procura de solucións ás inundacións da rúa Fernando Olmedo. Para o goberno local, a mellor opción sería a creación dunha zona inundable en Valdecorvos. Un espazo que puidera reter auga só nas coincidencias de fortes precipitacións coa preamar. Segundo os cálculos iniciais, debería reter máis de 7.000 metros cúbicos.

Un grupo de veciños de Cando denuncia prácticas autoritarias por parte do párroco

A tranquila parroquia de Cando, no concello de Outes,  vive estes días un clima de tensión tralos enfrontamentos entre o cura e un grupo de veciños.  Acúsano de impoñer os horarios, tarifas e demais condicións para os enterros ou prohibir que sexan oficiados por outros curas.

A gañadora da campaña da Federación Galega de Comercio gasta os mil euros no...

A noiesa Carmen Miguéns resultou gañadora do premio de mil euros da campaña da Federación Galega de Comercio. O único requisito era gastar todo o importe nunha soa tarde. Bastáronlle dúas horas para esgotar o créditos en distintos establecementos do comercio noiés.

A unidade de Atención Temperá de Rianxo dará servizo a uns 40 usuarios

Tal e como anunciou a Conselleira de Política Social, Rianxo contará cunha unidade de atención temperá para nenos de 0 a 6 anos. Dará servizo a uns 40 usuarios e instalarase no Pazo de Rianxiño. O concello pasa así a incorporarse á rede galega de atención temperá grazas a unha subvención autonómica que permitirá poñer en marcha o servizo ara 2026.

15 mozos fórmanse en Informática no obradoiro de emprego conxunto entre Boiro, A Pobra...

15 mozos iniciaron hoxe a súa formación no eido da microinformática ó abeiro do obradoiro de emprego para persoas mozas Xuventude 1. Trátase dunha iniciativa promovida conxuntamento polos concellos de Boiro, Pobra e Rianxo co financiamento da Xunta de Galicia.

O BNG demanda a cobertura das prazas sanitarias nos centros de saúde de Ribeira...

O BNG volve instar á Xunta a cubrir as prazas vacantes nos centros de saúde de Aguiño e Ribeira. No primeiro, un médico está de baixa e outro a piques de xubilarse, mentres que no segundo tan só hai 10 facultativos en activo, dos 14 que corresponden.

Minuto de silencio na Subdelegación para condenar o asasinato machista de Fadoua Akkar

En Pontevedra, este mediodía gardouse un minuto de silencio ás portas da Subdelegación do Goberno en sinal de condena polo asasinato machista desta fin de semana en Moaña. A vítima, Fadoua Akkar, de 41 anos, vivía na parroquia pontevedresa de Salcedo co seu fillo menor de idade. A súa parella sentimental e presunto asasino, un moañés con antecedentes por violencia de xénero, está en prisión provisional comunicada e sen fianza.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete