A subdelegada do goberno preside en Ribeira os actos do Día da Policía
A Policía Nacional de Ribeira celebrou o día do seu patrón, os Anxos Custodios, cun solemne acto presidido pola subedelegada do goberno na Coruña.María Rivas fixo entrega de tres condecoracións a axentes da policía nacional e entregou un distintivo especial á policía local, en recoñecemento á colaboración entre corpos.
A campaña de doazón de voz ‘Nós’ recala este xoves en Ribeira
A campaña de doazón de voz ‘Nós’ recala este xoves en Ribeira. Os interesados en participar tan só deben dispoñer de 15 minutos para facer a súa achega rexistrando as súas verbas nunha base de datos. O obxectivo é incorporar as distintas variedades dialectais e fonéticas do galego ós sistemas de intelixencia artificial.
O BNG pide responsabilidade a Rueda para aceptar a condonación da débeda a Galicia
A voceira nacional do BNG desprazouse esta mañá ata Rianxo que celebra hoxe un dos días máis emblemáticos das festas da Guadalupe co seu feirón mariñeiro. Alí, Ana Pontón instou ó presidente da Xunta a aceptar a condonación da débeda por parte do goberno central na reunión que manterá mañá con Pedro Sánchez.
A Xunta pon en valor o traballo de Frouma que transforma madeira de batea...
O Conselleiro de Emprego visitou esta mañá as instalacións do obradoiro de artesanía Frouma en Ribeira. Trátase dunha empresa especializada en pezas de deseño en madeira, que fíxose co Premio de Artesanía de Galicia en 2023.
A ANPA do colexio de Lousame maniféstase en contra dos recortes de profesorado
A ANPA Alecrín do Colexio Cernadas de Lousame manifestábase esta mañá ás portas do centro en contra dos recortes de profesorado. Ademais da perda do especialista en Audición e Linguaxe, este curso contarán cun coidador menos a pesar do alto número de alumnos con necesidades de apoio educativo.
O Pazo de Goiáns volverá ser escenario do Mes da Danza de Boiro
O concello de Boiro volverá celebrar o mes da danza cun variado programa de actividades culturais ó longo de todo setembro. Combinará actuacións de artistas locais con convidados, representando diversos estilos de baile.
Ribeira vivirá catro días de festa na honra da súa patroa
Ribeira honrará á súa patroa con catro días de celebracións. As festas de Santa Uxía desenvolveránse do 12 ó 15 de setembro combinando actos litúrxicos cunha ampla oferta de lecer.
Barbanza Golf mellora o mantemento das súas instalacións grazas a unha axuda do Bono...
O campo Barbanza Golf avanza na mellora das súas instalacións coa adquisición dunha máquina para o mantemento dos green. Foi posible grazas a unha axuda da Xunta de Galicia no marco do Bono Consolida Economía Social.
A Pobra homenaxea a Joaquín Fernández Millán, exiliado republicano que formou parte da compañía...
O concello da Pobra rendeu homenaxe a Joaquín Fernández Millán, exiliado republicano que participou na liberación de París da ocupación nazi. O acto, celebrado ante escultura pola memoria histórica dos Xardíns Valle-Inclán, participou a neta deste soldado, integrante da compañía ‘La Nueve’.
Daniel Iglesias proclámase campión da regata Gadis, condicionada polo forte vento
Daniel Iglesias proclamouse gañador da Regata Gadis celebrada esta fin de semana en Ribeira. A proba estivo condicionada polo forte vento que obrigou a retrasar a saída das segunda xornada.


















