O noiés Antonio Barreiro podería estar entre os falecidos do Argos Georgia
Aínda que inicialmente se deu por desaparecido, todo apunta a que o noiés Antonio Barreiro está entre os falecidos do naufraxio do Argos Georgia. Á espera da confirmación oficial por parte das autoridades británicos, existen indicios sólidos de que o corpo do segundo enxeñeiro do buque foi recuperado xunto co resto das vítimas mortais.
O PSOE insta á Xunta a cubrir 4 prazas sen médico no centro de...
O PSdeG insta á Xunta de Galicia a asumir as súas competencias en Sanidade e garantir un correcto funcionamento da atención primaria. Esixen medidas que garantan unha boa saída laboral en Galicia ós médicos formados na comunidade para cubrir as numerosas vacantes que rexistran os centros de saúde.
Efecto Mariposa e La Fuga, pratos fortes das Festas do Verán de Ribeira
Un programa diverso, variado e que chegará a tódolos recunchos da vila. Esta é a oferta deseñada polo concello de Ribeira a comisión de festas para as celebracións estivais que se desenvolverán entre o 31 de xullo e o 4 de agosto.
Boiro oferta rutas en barco para coñecer o proceso de cultivo do mexillón
Boiro recupera a Ruta do Mexillón. A empresa Oceanic Arousa Tours será a encargada de realizar as saídas en barco para dar a coñecer o proceso de produción do bivalvo. As visitas rematarán cunha degustación de mexillón en diversas preparacións no chiringuito O Faro.
Máis de 300 participantes correrán pola diversidade en favor de AMBAR
Máis de 300 participantes daranse cita na Carreira pola Diversidade de Ambar que celebra este ano o seu décimo aniversario. Sairá o domingo día 14 ás dez da mañá dende a explanada de Corso. Ademais das categorías absoluta e inclusiva, haberá tamén unha andaina na que poden participar as mascotas.
Éxito de público na II Feira Náutica do Freixo
A Feira Náutica de Outes consolidouse nesta segunda como un referente no sector de toda a comarca. As embarcacións tradicionais e os postos do mercado mariñeiro foron os principais atractivos dun evento no que se deron econtro diversos profesionais do sector naval.
Pili Pampín e a París de Noia, pratos fortes das Festas do Carme de...
Aguiño celebrará do 13 o 16 de xullo as festas na honra da Virxe do Carme. A comisión de festas deseñou un amplo e variado programa de actividades entre as que destacan as actuacións de Pili Pampín e a París de Noia.
Ribeira reivindica a diversidade afectivo-sexual no Día do Orgullo
concello de Ribeira conmemorou este mediodía o Día do Orgullo LGTBI. O acto institucional contou coa sexóloga Hadriana Ordóñez como pregoeira. Numerosos veciños e entidades sociais do municipio sumáronse tamén ó evento participando nunha lectura de poemas.
Medallas Castelao 2024 – DIRECTO
Hoxe retransmitiremos o acto de entrega das Medallas Castelao 2024
Muros amplía o cartel das festas de San Pedro coa celebración do Orgullo LGTBI
O concello de Muros pon en marcha unha campaña para a celebración do orgullo. Coincidindo co comezo das súas festas patronais organizarán diversas actividades como unha festa holi, actuacións musicais e o acto institucional coa lectura dun manifesto.


















