Lúa Arufe foi recibida no concello de Porto do Son tralo seu éxito no...
PORTO DO SON> Con tan só 15 anos, a futbolista sonense Lúa Arufe proclamouse campioa de Europa sub 17 coa selección española.
O seu concello...
Caetano Horta recibe a Medalla de Ouro do Concello de Noia
NOIA> O teatro Coliseo Noela foi o lugar escollido de xeito excepcional para celebrar este pleno extraordinario de homenaxe a Caetano Horta, un dos...
Cambados e Ribadumia, unidos pola quinta edición do torneo de ximnasia rítmica do Club...
Os concellos de Cambados e Ribadumia únense pola quinta edición do torneo de ximnasia rítima que organiza o Club Grand Jeté. A cita vai ser no pavillón municipal da Senra, en Ribadumia, este vindeiro sábado. Alí daranse cita unhas 250 participantes chegadas de diferentes puntos de Galicia.
A II Regata Nacional de Kaiak de Mar atraerá ata Vilanova e O Grove...
Máis de medio milleiro de persoas pasarán esta fin de semana polos concellos do Grove e Vilanova no marco da segunda Regata Nacional de Kaiak de Mar, que une as dúas localidades. Celebrarase os días 25 e 26 de maio, e contará con representantes de ata catorce comunidades autónomas.
O Barça conquista o Arousa Fútbol 7
O Arousa Fútbol 7 fixo vibrar durante esta fin de semana o Concello de Ribadumia. Finalmente foi o Barça o que se impuxo na final, celebrada este domingo na Senra. Os blaugranas gañaron ao Valencia 3 a 0. Dous dos tantos anotounos Fode Dialbo Conde e o terceiro, Alán Guera. O equipo catalán chegou á final invicto nesta edición do Arousa Fútbol 7.
Os Ingleses incorporan ao seu torneo de rugby de Santa Rita unha minicopa entre...
16 equipos daranse cita na terceira edición do torneo de Rugby de Santa Rita, en Vilagarcía. Todos eles son conxuntos da categoría M14. A meirande parte son galegos e do norte de Portugal, aínda que tamén contarán coa visita do Palencia que, por certo, repite nesta cita.
O Trail de San Isidro deste domingo decidirá os gañadores do Circuíto Trail Series...
POBRA> Pechadas xa as inscricións, na proba, que terá lugar este vindeiro domingo 26 de maio, participarán unhas 250 persoas.
Inscrita no Circuíto Trail Series...
Noia será sede do Campionato Galego Elite de Boxeo
NOIA> Esta mañá presentábase en Noia o Campionato Galego Elite de boxeo que se vai disputar no pavillón municipal Agustín Mourís o 25 e...
Máis de 500 nenos e nenas daranse cita na sexta edición da Mini BTT...
Máis de 500 nenos e nenas daranse cita este domingo na sexta edición da Mini BTT Concello de Ribadumia. A proba vai ter lugar no campo de fútbol de Leiro, onde o Club Ciclista Ribadumia ten a súa sede. Os organizadores prometen unha competición moi atractiva, que permita á rapazada gozar da xornada. Tamén de todo o público que mobilizará esta proba. Estímase que grazas a esta Mini BTT achegarnse en total ata Ribadumia unhas 2.000 persoas.
O Dinamo de Zagreb ou o Milan, entre os equipos estrela da edición deste...
Todo listo en Ribadumia para o Arousa Fútbol 7. O torneo vaise celebrar entre o 17 e 19 de maio, coa visita de equipos galegos, españois e internacionais de primeiro nivel. En total, sete nacionalidades e seis campeóns de Europa asistirán á cita. Entre eles o Dinamo de Zagreb ou o Milan. Por suposto, tamén estarán presentes o Celta, o Rácing de Ferrol ou o Deportivo da Coruña.

















