Outes acollerá en agosto o I Master Nacional de Futbolín A Riola
Outes acollerá os días 1, 2 e 3 de agosto a primeira edición do Master Nacional de Futbolín. O torneo está organizado pola asociación A Riola, en colaboración co Concello, e nel agárdase unha participación dunhas 130 parellas chegadas dende diferentes localidades galegas e tamén do resto do ámbito nacional.
A ría de Muros-Noia será escenario do I Campionato Galego de Wingfoil
Baixo a organización do Real Club Náutico de Portosín e a Federación Galega de Vela esta vindeira fin de semana, sábado e domingo, disputarase en augas da ría de Muros-Noia a primeira edición do Campionato Galego de Wingfoil. Na proba competirán máis dunha vintena de participantes.
Noia acollerá este domingo a Mini BTT Ría de Noia
A Peña Ciclista Toxo organiza este vindeiro domingo 6 de xullo a segunda edición da Mini BTT Ría de Noia. Na proba agárdase unha participación próxima ós 300 nenos.
Pontevedra despídese da súa ‘semana fantástica’ como sede do Multisport de tríatlon
Aínda coa resaca da xornada de clausura, Pontevedra fixo balance esta mañá do Multisport de Tríatlon. Durante dez días a cidade converteuse na capital mundial deste deporte, atraendo a máis de 3.500 deportistas. Dende a organización explican que cita foi todo un éxito e, unha vez máis, consolida a imaxe de Pontevedra como a cidade perfecta para acoller grandes eventos internacionais.
Uns vinte barcos tomarán parte este sábado na XIV Regata Congalsa
Este sábado 5 de xullo terá lugar a catorce edición da Regata Congalsa que organiza o Club Náutico e Deportivo de Ribeira. A proba destinada á Clase ORC dos Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, reunirá a unhas vinte embarcacións chegadas dende diferentes clubs da zona.
Uns trinta barcos participarán na XXV Regata Ramiro Carregal Rey
As instalacións do Real Club Náutico de Portosín acollían este mediodía a presentación da vixésimo quinta edición da Regata Ramiro Carregal Rey-Gran Trofeo Faro de Corrubedo. A cita, unha das máis senlleiras das que se celebran na comarca do Barbanza, disputarase esta vindeira fin de semana, os días 28 e 29.
Boiro acollerá do 14 ó 18 de xullo unha nova edición do Depor Campus
Boiro dará cabida un verán máis ó Depor Campus. A actividade, que chega este ano a súa oitava edición, vai dirixida a nenos de entre 6 a 14 anos que queiran mellorar as súas habilidades futbolísticas a través do xogo. Realizarase do 14 ó 18 de xullo en horario de mañá no campo de fútbol de Valiño. As inscricións xa están abertas, podéndose realizar ata o día 7 de xullo a través da web do Deportivo.
Nove equipos disputarán este sábado na Pobra o I Torneo de Fútbol Ría de...
A Pobra será escenario este vindeiro sábado da primeira edición do Torneo Fútbol 11 Ría de Arousa de Fútbol Feminino. A cita, que reunirá no campo municipal de Cadreche a un total de nove equipos de toda Galicia, está organizada de forma conxunta polo Puebla C.F. e o Atlético Arousana.
Pontevedra conta as horas para o arranque do Multisport de Tríatlon 2025
Pontevedra conta as horas para o arranque do Multisport de Tríatlon. A cita inaugural será este venres e todo está listo na cidade para acoller ás máis de 10.000 persoas e case 4.000 deportistas que pasarán pola vila durante esta semana. Hoxe a Casa Consistorial acolleu a presentación oficial das probas que volverán poñer o foco do tríatlon mundial en Pontevedra.
Unhas corenta embarcacións tomarán parte este sábado na XXIV Regata Frinsa
Esta mañá presentábase nas instalacións do Club Náutico Deportivo de Ribeira a 24 edición da Regata Frinsa. A proba disputarase este próximo sábado 21 de xuño en augas da Ría de Arousa.


















