O Celta levanta por segunda vez a Copa Ribadumia
Outra fin de semana de deporte no concello de Ribadumia. O campo da Senra acolleu a quinta edición da Copa Ribadumia en categoría infantil. Unha cita na que este ano se coroou gañador o Real Club Celta. Fíxoo despois de impoñerse ao Vitoria de Guimaraes por 2 goles a cero.
O Torneo de Fútbol Base do Abanqueiro SD reunirá a un total de 130...
Esta mañá presentábase en Boiro a décimo sexta edición do Torneo de Fútbol Base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro. A cita terá lugar nas dúas próximas fins de semana, os días 7 e 8 de xuño, e o 14 e 15. No torneo tomarán parte máis de 130 equipos de categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín.
Ribeira recoñece os éxitos do patinador local Eizan Calo
O concello de Ribeira homenaxeou este mediodía a Eizan Calo, un xoven patinador local, que vén de proclamarse Subcampión de Europa na localidade italiana de Trieste. Dende o Concello desexáronlle tamén a maior das sortes nos seus próximos compromisos. Precisamente, xunto a súa irmá Ella, participará esta fin de semana en Barcelona no Campionato de España por parellas.
Máis de 400 ciclistas participan este domingo na sétima edición da Mini BTT Concello...
Máis de 400 participantes daranse cita na sétima edición da Mini BTT Concello de Ribadumia. As probas van ter lugar este vindeiro domingo no no campo de fútbol de Leiro. Alí vanse desenvolver as distintas probas, de diferentes categorías, de rapazada de entre 4 e 14 anos. Na presentación da proba, salientaron que o evento vai mellorando, gañando cada vez máis peso no calendario deportivo da zona.
Un amigable entre o Kashiwa Reysol de Xapón e o Stuttgart alemán abrirá a...
Ribadumia desconta os días para acoller a fase final da Arousa Fútbol 7. A cita culminará a súa vixésimo oitava edición entre o 30 de maio e o 1 de xuño, reunindo con campo de fútbol da Senra a algunhas das promesas deste deporte a nivel mundial. O Fútbol Club Barcelona pelexará por defender o título ante clubs de primeira liña nacional e internacional, como o alemán Stuttgart ou o Tottenham inglés.
O Torneo Internacional de Fútbol Base da Pobra encherá o Barbanza esta fin de...
Esta vindeira fin de semana terá lugar na Pobra unha nova edición do Torneo Internacional Congalsa de fútbol base a favor da Fundación Aladina. Un torneo que ano tras ano está a cobrar un maior renome. A cita reunirá a un total de 39 equipos de categoría alevín, procedentes das mellores canteiras, non só de ámbito nacional senón tamén internacional.
O Noia inicia mañá ante o Estradense a primeira das eliminatorias para subir a...
O Noia inicia mañá ante o Estradense a primeira das eliminatorias para subir a Segunda Federación. O partido será no Municipal de San Lázaro ás doce da mañá.
Ribeira homenaxea ós deportistas do Club Kempo
O concello de Ribeira tributoulle este mediodía unha recepción oficial ós membros do Club Kempo Barbanza. Con esta acto o executivo ribeirense quixo recoñecerlle os éxitos obtidos polos deportistas do Club tanto nos Campionatos de España como do Mundo celebrados recentemente.
Pontevedra xa ten máis de 300 voluntarios para a organización do Mundial de Tríatlon...
Continúa en marcha a campaña para captar voluntarios de cara á celebración do Mundial Multisport en Pontevedra. Será do 21 ao 29 de xuño. Actualmente, a oficina que dirixe o voluntariado xa conta con máis de 300 inscritos. O obxectivo é acadar os 350 para poder cubrir correctamente as 1.700 quendas previstas.
A Pobra será sede do Campionato Territorial Norte de Traineriñas
A Pobra volverá a ser escenario esta fin de semana dunha nova competición remeira, neste caso o Campionato Territorial Norte de Traineriñas. Será os sábado e o domingo e nela daranse cita ó redor duns dez clubs da zona norte de Galicia, nas categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto en modalidade feminina coma masculina.

















