A Deputación aproba unha achega de 100 mil euros ao Club de Remo Puebla
A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade hoxe en pleno unha subvención nominativa de cen mil euros para o Club de Remo Puebla. A corporación provincial ratifica así o seu compromiso coa entidade que a principios de ano perdía a súa sede e gran parte do material que almacenaba nun incendio.
Ribeira acollerá o domingo 11 de maio a XI Carreira pola Diversidade de AMBAR
Ribeira acollerá o domingo 11 de maio a undécima edición da carreira pola diversidade que organiza a asociación AMBAR. Como complemento á carreira, tamén haberá a posibilidade de realizar unha andaina.
Rianxo e Ribeira sedes da IV Challenge Volta ao Barbanza ‘A Orixe’
Esta fin de semana disputarase tamén unha nova edición da Challenge Volta ó Barbanza ‘A Orixe’. A cita deportiva, dividida en dúas etapas, Rianxo e Ribeira, reunirá a 120 ciclistas dun total de 18 equipos. A proba está organizada polo Club Ciclista Barbanza e a Federación Galega de Ciclismo, e conta co patrocinio da mancomunidade Barbanza Arousa.
O Rali Berberecho de Noia recupera o tramo urbano
Todo preparado en Noia para acoller unha nova edición do Rali Berberecho. A cita, unha das clásicas do motor na nosa comunidade, disputarase os días 4 e 5 de abril, baixo a organización da escudería Berberecho.
Portosín e Outes abrirán o Campionato de España de Motonáutica Inclusiva
A Ría de Muros e Noia será escenario un ano máis do arranque do Campionato de España de Motonáutica Inclusiva. A primeira das probas terá lugar xa este sábado 29 de marzo en Portosín. Unha semana despois a competición trasladarase a Outes, coa disputa da segunda proba do Campionato, no porto Freixo. As dúas serán valedoiras tamén para o campionato galego.
Presentan a VIII Bandeira de Bateis Concello de Boiro
Máis dunha ducia de clubs participarán este sábado na oitava Bandeira de Bateis do Concello da Boiro. A competición, que arrancará ás dez e media da mañá, trasladarase ó peirao de O Bodión, debido ás previsións metereolóxicas adversas.
500 deportistas danse cita este sábado en Vilaxoán na XVII Bandeira de Bateis ‘Porto...
Vilaxoán acolle este sábado a XVII edición da bandeira de bateis 'Porto de Vilagarcía'. Un cento de embarcacións e máis de 500 deportistas daranse cita este ano na proba, presentada esta mañá na Autoridade Portuaria vilagarciá. A competición vaise dividir en 12 categorías, dende alevín ata absoluto feminino e masculino.
Pontevedra avanza no Mundial Multideporte de Tríatlon, que terá un orzamento de 2,9 millóns
Hoxe en Pontevedra celebrouse unha nova reunión do comité organizador da gran cita deportiva que neste mes de xuño acollerá a cidade: o Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte. As cifras avalan a súa relevancia: está prevista a participación de máis de 4.000 deportistas e a chegada de máis de 15.000 visitantes á cidade. Para facela posible, as administracións e entidades colaboradoras achegarán un orzamento de 2,9 millóns de euros.
Pontevedra busca voluntariado para o Mundial de Tríatlon Multisport
O campionato celebrarase na cidade do 20 ao 29 de xuño. Para dar resposta a todas as necesidades, a organización fai un chamamento á veciñanza a que forme parte do equipo de voluntariado. Con esta campaña agardan chegar axiña ás 350 persoas anotadas. A elas hai que sumar tamén a colaboración da Brilat, Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Todo para que evento deportivo máis importante deste ano na cidade sexa un éxito.
Boiro acolle este sábado II Memorial Luís Torrado Treus
Este sábado terá lugar en Boiro unha velada de boxeo, o segundo memorial Luís Torrado Treus. A cita, que se desenvolverá no pavillón de Barraña a partir das sete da tarde, incluirá un total de 8 pelexas neoprofesionais e amateur.


















