A XI BTT Ría de Noia será o domingo 9 de marzo

Esta mañá presentábase a undécima edición da BTT Ría de Noia. A proba, organizada polo Club Ciclista Toxo, celebrarase o domingo 9 de marzo. Nela prevese unha participación próxima ós 400 corredores.

Centos de persoas dinlle ‘non’ á violencia nunha concentración no Grove en lembranza de...

Multitudinaria concentración no Grove en repulsa polo falecemento de Andrés Rico, logo de sufrir unha agresión nun partido de balonmán en Vilalonga. A corporación municipal ao completo encabezou un minuto de silencio. Ao acto tamén asistiron o alcalde e concelleiros de Sanxenxo e o presidente da Federación Galega de Balonmán. Todos fixeron un chamamento a reflexionar sobre o acontecido e o incremento da violencia no deporte.

Loito no Grove pola morte do seareiro agredido hai dous meses nun partido de...

Falece o afeccionado agredido hai dous meses nun partido de balonmán no Grove. Trátase de Andrés Rico, un veciño do Grove de 68 anos. Levaba na UCI dende o 15 de decembro, logo de ser agredido nun partido da categoría cadete entre O Rasoeiro e o Sanxenxo que estaba a arbitrar o seu neto. Foi agredido por un seareiro do Rasoeiro, logo de pedirlle que deixase de insultar ao árbitro. O concello do Grove decretou tres días de loito e convocou unha concentración para este martes.

Noia acolle o III Memorial de Boxeo Tono da Silva

Noia celebra este sábado a terceira edición do memorial Tono Da Silva. Organizado polo Club SKT, a cita terá lugar nos locais da Sociedade Liceo a partir das seis e media da tarde. A velada incluirá varios combates de púxiles locais, entre eles Silvestre Gómez, que debuta no boxeo profesional.

Unhas 700 persoas participarán na andaina de Noia deste domingo

Noia acollerá este vindeiro domingo unha nova andaina. A proba, organizada polo Club Trabandainas, forma parte da Liga Galega de Andainas 2025 e está incluída tamén na Liga Ibérica de Sendeirismo.

Chega unha nova edición dos 100 do Barbanza

A proba, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza-Sar, terá lugar os días 21 e 22 de xuño. A Pobra será saída e chegada desta edición, percorrendo posteriormente tamén os municipios de Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son e Ribeira.

Ribeira entrega as bolsas a vinte deportistas non profesionais da localidade

Ribeira entregou este mediodía as bolsas ós 20 deportistas non profesionais da localidade para que poidan seguir desenvolvendo a súa actividade. O acto de entrega estivo presidido polo alcalde, Luís Pérez Barral, e o edil de Deportes, Xabier Vidal.

Ribeira solidarízase co Club de Remo Puebla

Deporte e solidariedade volven ir da man nunha iniciativa impulsada dende a Escola de Boxeo El Canario e o Club de Natación. Trátase dunha carreira e unha andaina que buscan recadar fondos en favor do Club de Remo Puebla, afectado tralo incendio que destruíu as súas instalacións. A cita será este vindeiro domingo 2 de febreiro.

O programa Xogade reúne este sábado en Poio a preto de 500 escolares no...

O programa Xogade reúne este sábado en Poio a preto de 500 escolares no Campionato Galego de Cros. Trátase dunha proba destinada ás categorías alevíns, infantís e cadetes. Vaise disputar na Seca entre as 10.00 e as 13.00 horas. Ata o concello achegaranse nenos e nenas de 52 clubs, 26 centros educativos e tres escolas deportivas municipais de toda Galicia.

Máis de 370 xogadores convocados para esta fin de semana en Ribadumia no Arousa...

Ribadumia prepárase para unha nova edición do Arousa Fútbol 7 Indoor. O municipio acolle por quinto ano consecutivo este torneo, que se vai disputar entre esta fin de semana e o 4 de xaneiro. Na cita reuniranse 35 equipos de toda Galicia, implincando a máis de 370 xogadores e xogadoras.

REDES SOCIAIS

40,720FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete