Louzán, novo presidente da Real Federación Española de Fútbol
O ribadumiense Rafael Louzán, novo presidente da Real Federación Española de Fútbol. O actual presidente da Federación Galega de Fútbol impúxose nas votacións ao máximo responsable da Federación da Comunidade Valenciana e logo da retirada da candidatura do presidente da Federación estremeña. Louzán está condenado a sete anos de inhabilitación por prevaricar cando era presidente da Deputación de Pontevedra. Unha medida que recorreu ante o Tribunal Supremo, que vai abordar esta cuestión o 5 de febreiro.
Os gardas civís gañan ós curas no partido benéfico en favor de Cáritas
Gran éxito do partido de fútbol disputado onte domingo en Boiro que enfrontou a garda civís e curas. Os dous colectivos vestíronse de curto por unha boa causa: recadar fondos en favor de Cáritas.
Ribeira organiza a XIV BTT de Nadal
Ribeira acollerá o domingo 29 de decembro a XIV Ruta BTT de Nadal. Na proba, organizada polo Concello en colaboración co Club Os Saltamontes, Arousa NeO e a asociación de veciños de Carreira, prevese unha participación duns 300 ciclistas.
Rafael Louzán Abal con opcións de ser elixido Pte. da Federación Española de Fútbol
Rafael Louzán presenta a súa candidatura á presidencia da Federación Española de Fútbol con máis de 80 dos 120 avais posibles.
Chega unha nova edición da Sin-Son 10k
Esta mañá presentábase oficialmente unha nova edición da Sin-Son 10K. A carreira, incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 22 de decembro. A día de hoxe, a falla de varias semanas para o peche das inscricións, xa hai preto dos 1.400 inscritos.
Garda civís contra curas.. e todo por unha boa causa
O campo municipal de Vista Alegre acollerá o vindeiro 15 de decembro, ás cinco da tarde, un partido de fútbol que enfrontará a curas contra garda civís.
Trabandainas organiza unha nova andaina solidaria en favor da Asociación Misela
O Club Trabandainas de Noia organiza unha nova edición da súa andaina solidaria en favor da asociación a Misela. A actividade desenvolverase este vindeiro domingo a partir das dez da mañá dende a alameda noiesa.
Noia acolle este sábado o II Trofeo Vila de Noia de Patinaxe
Noia acolle este vindeiro sábado 23 de novembro o segundo Trofeo Vila de Noia de Patinaxe. A competición desenvolverase no pavillón municipal Agustín Mourís e nel prevese unha participación dun cento de patinadores.
1.500 escolares participan en Noia nas clasificatorias de cross do programa Xogade
O estadio de San Lázaro en Noia acollía esta mañá unha das clasificatorias do campionato de cross, enmarcado no programa Xogade da Xunta en idade escolar. Na proba tomaron parte preto de 1500 escolares de diferentes centros educativos de Noia, Porto do Son, Muros, Outes, Brión e Lousame.
Recepción no Concello ó Club ITF Noia despois dos éxitos acadados no Campionato de...
O salón de plenos noiés acollía hai uns días a recepción oficial ós integrantes do Club ITF, trala súa participación, na localidade inglesa de Hatfield, no Campionato de Europa da ITF Unión.
A delegación do club noiés, que formaba parte do combinado nacional, estivo formada por un total de 17 loitadores.


















