Golpe ao narcotráfico en Barbanza coa incautación de catro toneladas de cocaína

Importante golpe ó narcotráfico esta pasada fin de semana en Barbanza coa incautación de preto de 4 mil quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal. O operativo, coordinado Grupo Greco Galicia da Policía Nacional, saldouse coa detención de tres colombianos, ó parecer vinculados á operación, que segue aberta, baixo segredo, polo que non se descartan máis detencións.

Seguen os traballos de extinción no pesqueiro incendiado no porto de Ribeira

En Ribeira os equipos de emerxencias continúan coas labores de extinción do lume declarado na tarde de onte nun pesqueiro atracado no porto da localidade. Segundo informaron fontes do propio operativo, os esforzos céntranse agora en evitar o afundimento do buque e as posibles verteduras ó mar. Os traballos de extinción poderían prolongarse durante varios días.

Seis persoas tiveron que ser evacuadas na Pobra a consecuencia dun incendio rexistrado nun...

Gran susto o que se levaron os veciños deste edificio, o número 18, situado na céntrica rúa Rafael Calleja da Pobra, a consecuencia dun incendio orixinado na tarde de onte nunha das estancias do primeiro andar. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. Aínda así, a consecuencia da mesta fumareda, foron desaloxadas seis persoas que residían no inmoble e que resultaron afectadas pola inhalación de fume, aínda que se escasa consideración.

Preocupación en Arousa pola presenza das candorcas no interior da Ría

Preocupación na ría de Arousa pola presenza das candorcas. Durante a fin de semana producíronse varios ataques destes cetáceos a embarcacións que navegaban pola illa de Rúa, en Ribeira, e tamén na Illa de Arousa e no Grove, entre outros. Dende Salvamento Marítimo piden que se extremen as precaucións pola presenza destes animais.

Trasladan en helicóptero a un condutor ferido nun accidente en Rianxo

Un choque frontal entre dous vehículos esta mañá en Rianxo, no lugar de Rial, na parroquia de Leiro, deixa a un condutor ferido de gravidade. Foi necesaria a excarceración dun dos condutores dun dos turismos, que foi ademais mobilizado no helicóptero medicalizado ó Clínico onde permanece con prognóstico reservado.

Falece un condutor en Boiro tras precipitarse co seu coche ó río Coroño

Falece un condutor en Boiro tras precipitarse co seu coche ó río Coroño. O suceso producíase ó redor das tres e media da mañá na ponte de Runs. Á súa chegada, os equipos de emerxencia tan só puideron certificar a súa morte. Tiña 35 anos e era veciño da localidade pontevedresa de Arbo, aínda que dende hai algún tempo residía en Boiro.

Arde unha casa abandonada na Boliña

Arde unha casa abandonada na Boliña, en Boiro. O incendio rexistrábase onte domingo, ó redor das catro da tarde. Todo apunta a que foi intencionado. Na vivenda non residía ninguén, aínda que os veciños sinalan da presenza de ‘okupas’.

Desartellado un punto de venda de droga que operaba en pleno centro de Boiro

A Garda Civil de Boiro desartella un punto importante de venda e distribución de droga na localidade. Foi no marco da operación ‘Jalea Real’. O operativo saldouse coa detención dun total de oito persoas, e  a investigación de outras dúas. Nos rexistros realizados os axentes do Instituto Armado interviñeron unha gran cantidade de substancias preparadas para a súa venda, principalmente heroína, cocaína e de haxíx.

Cae unha banda especializada en roubos a comercios en toda Galicia

Detida unha parella en Santiago especializada en roubos a comercios en toda Galicia. Foi no marco da denominada operación Bluehammer. A Garda Civil impútalles polo menos uns 51 roubos con forza en negocios de nove municipios das provincias da Coruña e Pontevedra, entre os que se atopan Noia, Padrón, Valga e Barro.

Un potente incendio nunha nave en Portas deixa cuantiosos danos materiais

Un incendio rexistrado nunha nave en Portas deixa cuantiosos danos materiais. As instalacións están situadas preto da Azucreira e pertencen á empresa Eiriz, que se dedica á fabricación de toldos. As lapas calcinaron por completo practicamente a metade da nave. No momento do incendio non había ninguén no seu interior, porque o seu persoal estaba a realizar un servizo en exterior.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete