Conmoción nas Rías Baixas polo achado de dous cadáveres calcinados en Campo Lameiro

A falta de confirmación oficial, todo apunta a que os corpos localizados en Campo Lameiro corresponden a unha parella que vivía en Moraña. O home era natural dese municipio e a muller, de Caldas. Aínda que non se descarta ningunha hipótese, gaña forza a posibilidade de que se trate dun crime machista. Seica o varón tiña antecedentes por violencia de xénero.

Rouban nunha cetárea e nun bar en Carreira

A Policía Nacional de Ribeira investiga varios roubos cometidos en dous establecementos situados na parroquia de Carreira a escasos metros un do outro, na cetáreao Vilas es Mar e no bar La Taberna del Argentino. Nos dous casos o ‘caco’ puido facerse cunha boa cantidade de diñeiro que os donos dos establecementos deixaran nos locais. Todo apunta a que podería tratarse da mesma persoa.

Desartellado un punto de venda de droga en Boiro

A Garda Civil de Boiro desartellou dous puntos de venda de droga na localidade. Foi no marco da denominada operación ‘Regueiro’. O operativo saldouse coa detención de dúas persoas, unha das cales ingresou en prisión.

Desaparece a cruz do miradoiro do Monte Xiabre

A cruz foi roubada nunha xornada indeterminada da semana pasada. Persoas que adoitan camiñar pola zona dirixíronse ao concello de Vilagarcía para denunciar os feitos. O goberno local lamenta o sucedido e considera a súa desaparición como un acto vandálico. A cruz é un dos grandes símbolos de Vilagarcía, situada nun dos principais recursos turísticos do municipio.

Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas

Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.

O apagamento deixou múltiples incidencias

De igual xeito, nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia foise recuperando a normalidade na subministración eléctrica de xeito  progresivo. Nalgúns concellos como Porto do Son, Outes e Noia, a electricidade volveu de madrugada, a partir das tres da mañá. Noutros municipios coma A Pobra, Ribeira e Muros tardou máis e non se recuperou a luz ata as nove da mañá.

Multan a un condutor dúas veces polo mesmo delito en menos de dúas horas

A Garda Civil de Tráfico denunciou a un mesmo condutor en Noia por infrinxir as normas de seguridade vial ata en dúas ocasións en menos de dúas horas. Circulaba sen permiso de circulación e duplicando a taxa de alcol permitida.

‘Martinho’ deixa un regueiro de incidencias en Barbanza

A borrasca ‘Martinho’ deixouse notar tamén no Barbanza durante toda a noite e principalmente, a primeiras horas desta mañá. Os equipos de emerxencias tiveron traballo arreo, con numerosas incidencias, aínda que a maioría delas sen demasiada importancia.

Detidas dúas mulleres e un menor por intento de homicidio en Boiro

Tres persoas, dúas mulleres de 30 e 28 anos, e un menor, foron detidas en Boiro coma presuntos autores dun delito de homicidio en grao de tentativa. Segundo se desprende da investigación levada a cabo polo equipo xudicial da Garda Civil de Noia, os detidos, todos eles das Canarias, atacaran a un empresario boirense con negocios inmobiliarios nas Illas.

Detidas catro persoas en Boiro por diversos roubos cometidos no verán

A Garda Civil de Boiro detivo a catro persoas, tres homes e unha muller, coma presuntos autores de varios delitos contra o patrimonio. Foi no marco da denominada operación Larpeiros. Despois de pasar todos eles a disposición xudicial, o xuíz decretou o ingreso en prisión para dous deles.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete