Centos de persoas dinlle ‘non’ á violencia nunha concentración no Grove en lembranza de...

Multitudinaria concentración no Grove en repulsa polo falecemento de Andrés Rico, logo de sufrir unha agresión nun partido de balonmán en Vilalonga. A corporación municipal ao completo encabezou un minuto de silencio. Ao acto tamén asistiron o alcalde e concelleiros de Sanxenxo e o presidente da Federación Galega de Balonmán. Todos fixeron un chamamento a reflexionar sobre o acontecido e o incremento da violencia no deporte.

Loito no Grove pola morte do seareiro agredido hai dous meses nun partido de...

Falece o afeccionado agredido hai dous meses nun partido de balonmán no Grove. Trátase de Andrés Rico, un veciño do Grove de 68 anos. Levaba na UCI dende o 15 de decembro, logo de ser agredido nun partido da categoría cadete entre O Rasoeiro e o Sanxenxo que estaba a arbitrar o seu neto. Foi agredido por un seareiro do Rasoeiro, logo de pedirlle que deixase de insultar ao árbitro. O concello do Grove decretou tres días de loito e convocou unha concentración para este martes.

Investigadas sete persoas por unha presunta estafa a unha veciña de Muros

A Garda Civil investigou a un total de sete persoas como presuntas dun delito de estafa e outro de usurpación de estado civil a raíz da denuncia formulada no cuartel de Muros por unha veciña da localidade. Os feitos remóntanse xa ao mes de setembro, data na que se presentou a denuncia. 

Prisión para un dos dous ribeirenses detidos polo alixo de cocaína en Asturias

Prisión para un dos dous detidos de Ribeira relacionados co alixo de cocaína incautado a pasada semana na costa asturiana. O Xulgado de Pravia, que é quen instrúe o caso, decretou prisión provisional e sen fianza para el e para outros tres detidos, coma autores dun presunto delito contra a saúde pública. Trátase de F.M.V., xa con antecedentes policiais anteriores vinculados ó tráfico de drogas.

As comarcas de Caldas e O Salnés, pendentes da situación do río Umia

Nas comarcas do Salnés, Caldas e Pontevedra Herminia tamén se deixou notar con forza, pero sen incidencias graves. Árbores caídas, colectores do lixo envorcados, bolsas de auga e pequenos desprendementos foron a tónica habitual nas últimas horas. O que máis preocupa é a evolución dos ríos e, en especial, a situación do Umia ao seu paso por Caldas.

Asaltan unha casa en Meis pistola en man, agreden os donos e rocían a...

Os donos da vivenda foron abordados contra as 5:00 horas desta mañá, cando saían para ir traballar, por tres encarapuchados que portaban unha pistola. Os individuos agrediron aos donos de forma moi violenta e mesmo rociaron gasolina á dona da casa.

A curva de Cabanelas, un punto negro da rede viairia que suma xa máis...

Na zona de Cabanelas, no concello de Ribadumia, localízase un dos puntos negros da nosa rede viaria. Trátase dunha pronunciada curva onde as saídas de vía son constantes. Moitos dos vehículos sinistrados acaban esnafrándose contra o muro dunha casa próximo. Os seus donos xa están afeitos a levar sustos, pero piden que se tomen medidas para evitar os sinistros e evitar posibles vítimas. O último accidente tivo lugar hai tan só uns días.

Falece un repartidor de comida a domicilio nun accidente de tráfico en Vilagarcía

Falece un repartidor de comida a domicilio nun accidente de tráfico en Vilagarcía. A moto na que circulaba bateu contra un taxi na recta de Rubiáns. A vítima tiña 37 anos. Ademais hai outra persoa ferida, un dos ocupantes do taxi, con prognóstico reservado. Este é o segundo accidente de tráfico mortal en Vilagarcía no que levamos de ano, logo do rexistrado o pasado venres nos Martices.

Marea solidaria de axuda ó Club de Remo Puebla para reconstruir a súa sede

Dous días despois do voraz incendio que destruíu por completo a sede do Club de Remo Puebla seguen as mostras de apoio e solidariedade co Club. O máis importante nestes momentos, poder reconstruír a nave que foi pasto das lapas. A estrutura do edificio está gravemente danada polo que todo apunta a que haberá que derrubala.

Rachan as catro rodas dun dos vehículos de Protección Civil de Ribadumia

Os voluntarios de Protección Civil de Ribadumia non entenden quen puido cortar as catro rodas dun dos seus coches nin por que motivo. Din que en 27 anos nunca tal lles pasara. O cambio das rodas vai custarlles 700 euros, unha cantidade que esta agrupación apenas pode asumir. Piden axuda ao concello para facerlle fronte a este gasto.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete