Un muradán entre os investigados no marco da operación Armurart
A Garda Civil investigou a un muradán no marco da operación Amurart. Ó parecer está relacionado coa banda criminal dedicada ó recrutamento de mulas económicas para estafas a través da internet. O operativo saldouse coa detención na Coruña dun total de tres persoas.
A Policía Local de Rianxo denunciou a un condutor que cuadriplicaba a taxa de...
Unha chamada á Policía Local de Rianxo alertando da existencia dun vehículo realizando manobras estrañas por diferentes rúas do casco urbano, circulando incluso por dirección contraria, mobilizou ós axentes, que iniciaron un operativo de busca para tratar de localizalo. Interceptárono na zona do Pazo.
Denuncian a un outense que cuadriplicaba a taxa de alcol e circulaba sen permiso
Un septuaxenario outense enfróntase a penas que poderían carrexar prisión de tres a seis meses, unha multa de un a dous anos ou a realización de traballos en beneficio da comunidade durante un período de entre 31 e 91 días. A razón. Conducir baixo os efectos do alcol, dando unha taxa de alcolemia catro veces superior á permitida.
Detidos dous boirenses polo roubo de diversa maquinaria e electrodomésticos
BOIRO> A Garda Civil de Boiro detivo a dous veciños da localidade coma presuntos autores dun delito de roubo de maquinaria e electrodomésticos nun...
Un incendio destrúe parte dun piso na Avenida do Malecón en Ribeira
Un incendio rexistrado esta pasada noite, ó redor das tres e media da madrugada, afectou ó cuarto andar dun edificio situado na avenida do Malecón, en Ribeira, á altura da praza Heroínas de Sálvora.
O acusado de atacar un xornalista en Pontevedra armado cun coitelo: ‘Perdín a cabeza’
Visto para sentanza o xuízo contra Andrés de Vicente, coñecido como 'Capi' pola tentativa de asasinato dun xornalista da Voz en Pontevedra. A Audiencia Provicial acolleu hoxe o xuízo. Capi, de 26 anos, que se fixera moi coñecido cando no 2015 agredira ao expresidente do goberno Mariano Rajoy, alegou que cando irrompeu na redacción do xornal armado cun coitelo e un rolo non tiña máis intención que causar danos materiais. Pola contra, tanto a fiscalía como a vítima, aseguran que quixo matalo.
Mergulladores da Garda Civil buscan no Umia un veciño de Meis de 48 anos
Amplo dispositivo de busca dun veciño de Meis de 48 anos. O varón leva desaparecido dende hai unha semana. O seu coche foi localizado na zona de Covas de Lobos, en Cambados, con roupa no seu interior. Nesta xornada sumouse a ese operativo de busca un equipo de mergulladores da Garda Civil. Polo de agora mantéñense abertas todas as hipóteses, mesmo que poida ser unha desaparición voluntaria.
Ingreso en prisión para un boirense ó que detiveron cunha gran cantidade de droga
A Garda Civil de Boiro desartellou un importante punto de venda de droga na localidade. Foi no marco da denominada operación ‘Mystica’. O operativo saldouse coa detención dun varón de 39 anos e a incautación dunha importante cantidade de droga.
A borrasca Kirk deixa pegada no Barbanza
Nas comarcas do Barbanza e Muros e Noia rexistráronse un regueiro de incidencias. A maioría delas de pouca consideración. A máis grave, en Porto do Son, onde o forte vento tirou con varias das paredes do polideportivo anexo ó instituto Fraga do Noivo. Motivo que obrigou á suspensión das clases.
O helicóptero da Garda Civil súmase á busca do pescador desaparecido en Boiro
En Boiro continúa a busca do pescador desaparecido dende o pasado luns pola noite nas inmediacións da praia de Mañóns. A melloría do tempo permitiu hoxe a saída novamente do helicóptero da Garda Civil, que rastrexou dende o aire as inmediacións do areal.
















