A Xunta financiará un novo obradoiro dual de emprego en Rianxo
Rianxo disporá dun obradorio dual de emprego que beneficiará a 20 veciños da localidade en situación de desemprego, que se formarán nas especialidades de pavimentos e albanelería de urbanización.
A escultura da Virxe da Guadalupe de Asorey regresará esta sábado a Tanxil
O executivo rianxeiro programou un acto público para este sábado para festexar a volta da emblemática escultura da Virxe de Guadalupe de Francisco Asorey á praia de Tanxil tras 20 anos dende a súa retirada.
Ribeira será sede este domingo do Campionato Xunta de Galicia de Triatlón Súper Sprint
Ribeira acolle este próximo domingo día 6 de setembro o Campionato Xunta de Galicia de Triatlón na modalidade Super Sprint. A actividade, organizada polo Club Natación Ribeira, en colaboración coa Federación Galega de Triatlón, disputarase no entorno de Coroso a partir das dez da mañá. Prevese unha participación próxima ó cento de deportistas pertencentes ás categorías cadete e xuvenil.
Bealo mantense fiel ó San Ramón
Un ano máis a devoción por San Ramón volveu encher a carballeira de Bealo con miles de fieis. Dende primeiras horas da mañá foron moitos os romeiros que se achegaron ata a capela para asistir ós diferentes oficios relixiosos, aínda que o momento máis agardado tiña lugar á unha do mediodía, coa tradicional misa solemne e posterior procesión.
A delegada da Xunta supervisa os traballos dos alumnos do Obradoiro de Emprego Tahúme...
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou Ribeira para comprobar a marcha do obradoiro de emprego Tahume XI, que comparte este concello co do Porto do Son. Na visita a delegada achegouse ata a escola infantil onde o alumnado do módulo de carpintería veu desenvolvendo diversas actuacións.
Mar pon en valor a aposta pola innovación da carpintería de ribeira nunha visita...
A Xunta de Galicia segue a potenciar a carpintería de Ribeira como un sector económico clave para a economía galega que combina o mantemento da tradición cunha actividade empresarial rendible. Así o indicou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro na súa visita a Estaleiros Catoira, exemplo de innovación e sostibilidade
O concello de Ribeira renovará os vestiarios do campo da Guía a través dun...
O concello de Ribeira avanza na mellora das instalacións deportivas do municipio coa renovación dos vestiarios do campo de fútbol de Carreira. A actuación, cun orzamento próximo ó medio millón de euros, dará comezo nas próximas semanas e conta cun prazo de execución de mes e medio.
A Liga Eusko Label chega este sábado ó Cabo da Cruz coa disputa da...
A Liga Eusko Label chega esta vindeira fin de semana a Barbanza coa disputa da cuarta Bandeira Barbanza –Arousa. A proba terá lugar este sábado en Cabo de Cruz, a partir daas seis e cuarto da tarde.
A conselleira do Mar destaca a Jealsa coma un dos referentes da cadea mar-industria...
A conselleira do Mar visitaba tamén esta mañá as instalacións de Jealsa, no Bodión. A visita tiña coma principal finalidade coñecer os novos proxectos e os investimento que ten en marcha a fima, unha das principais produtoras de conservas a nivel mundial.
A Mostra de Teatro de Ribeira dá o salto internacional cunha compañía belga
Ribeira presenta unha nova edición da mostra de teatro que este ano dá un salto de calidade coa incorporación dunha compañía internacional. Xunto cos belgas ‘Okidok’ completan o cartel unha produción nacional e outras once galegas, con ampla representación do talento local.

















