Éxito do 8º Mercado Solidario do CEIP O Grupo
Como cada ano, o CEIP O Grupo aproveitou a conmemoración do Día do Libro par afacer gala da súa solidariedade. Acompañados por alumnos de Aguiño e Artes desenvolveron un mercado solidario no que intercambiaron libros por alimentos. O recadado foi destinado a Cáritas e ICE Renovación.
O PSOE de Rianxo esixe maior claridade nos criterios de aplicación da ordenanza de...
O PSOE de Rianxo solicita información sobre a aplicación da ordenanza reguladora dos vaos. Os socialistas entenden que se debe paralizar o cobro ata a modificación do texto segundo a normativa fiscal vixente.
350 nenos participarán na XXXVII Promoción do Ciclismo en Boiro
Boiro acollerá este sábado a trixésimo sétima Promoción do Cliclismo, gran Premio Ricardo Riveiro. Preto de 350 deportistas daranse cita no evento que inclúe probas dende as categorías promesa ata junior. É puntuable para a Copa Galicia Porvir.
A Asociación de Empresarios de Ribeira sortea mil euros polo Día da Nai
Máis de medio cento de establecementos participarán na campaña do Día da Nai que promove a Asociación de Empresarios de Ribeira. Ademais do premio especial de mil euros, sortearase unha cea e varias cestas da compra.
Falece un veciño de Palmeira tras quedar atrapado baixo o seu vehículo
A Garda Civil investiga as circunstancias dun accidente mortal acontecido esta fin de semana en Palmeira. Un home de 36 anos faleceu tras quedar atrapado baixo o seu vehículo. Foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar o corpo.
Ribeira acolle o inicio da xira galega de ‘Manuela Rey is in da house’
O Centro Dramático Galego levará a Ribeira a obra ‘Manuel Rey is in da hose’. Trátase dunha coprodución galego-portuguesa inspirada en textos da autora. A vila barbanzá será a primeira das cidades galegas en acoller a función trala súa estrea en Santiago o pasado mes de marzo.
Éxito de participación na Feira Cabalar da Pascua de Padrón
O mal tempo non foi quen de augar a festa da Pascua de Padrón. Miles de persoas pasaron este domingo pola vila para gozar das celebracións onde cobrou especial protagonismo a feira cabalar.
A Pobra organiza un novo ciclo dedicado ao escritor Victoriano García Martí
Esta mañá presentábase na Pobra o sexto Ciclo Victoriano García Martí. A programación desenvolveranse os días 25 e 26 deste mes de abril e nelas, ademais da tradicional ofrenda cívica diante do seu busto, incluirase a presentación dunha nova publicación, ‘Fiestra del madrigal’, un resumo do discurso pronunciado polo escritor no teatro liceo de Ourense en maio de 1913.
A CIG denuncia precariedade e acoso ós traballadores de Froiz na provincia da Coruña
A CIG denuncia situacións de acoso laboral e o incumprimento do convenio colectivo nos supermercados de Froiz na provincia da Coruña. Esta mañá desenvolveron unha concentración en Boiro para esixir que se respecten os dereitos dos traballadores nun sector, xa de por si, precarizado.
Demandan máis persoal de seguridade no hospital do Barbanza tralo aumento de agresións a...
Traballadores do hospital do Barbanza concentráronse ás portas do centro comarcal para reclamar a incorporación de máis persoal de seguridade. Na actualidade, conta tan só cun garda por quenda.

















