Sae a licitación a reforma integral do conservatorio de Aguiño
O concello de Ribeira vén de sacar a licitación a reforma do conservatorio de Aguiño. O proxecto, orzamentado en máis de 600 mil euros, consistirá principalmente na mellora da eficiencia enerxética do inmoble permitindo un aforro total próximo ó 73 por cento.
A Pobra convoca un concurso fotográfico inspirado na obra de Victoriano García Martí
O concello da Pobra pon en marcha o I Concurso Fotográfico Victoriano García Martí, O obxectivo é dar a coñecer a figura do escritor a través da súa novela ‘Don Severo Carballo del Alma Gallega, ambientada no seu municipio natal.
8 combates compoñen a XIII Velada de Boxeo que se celebrará o día 29...
Ribeira volverá ser sede do boxeo galego coa XIII Velada que organiza o Club ‘EL Canario’. Será o sábado 29 no pavillón de Palmeira e constará de 8 combates, un deles feminino. Pola mañá terá lugar un Campionato Galego de Formas en Idade Escolar.
A. Pontón: ‘A mobilización é a única vía para parar Altri’
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, achegouse esta mañá á Pobra para facer unha chamada á mobilización convocada para este próximo sábado na localidade en contra da instalación da macrocelulosa Altri. Na súa intervención acusou á Xunta de traizoar a Galicia, impoñendo un proxecto que, segundo ela, resultará letal para a nosa comunidade.
Ribeira prepara unha nova andaina a favor da enfermidade de Dent
Ribeira acollerá, por segundo ano consecutivo, unha andaina solidaria a favor da enfermidade de Dent. A actividade, organizada polo colexio Galaxia en colaboración co Concello, terá lugar o sábado 29 de marzo.
Ribeira participa nun proxecto do Eixo Atlántico para favorecer a cohesión social dos concellos
Ribeira acolleu a presentación do Manual para a Implementación de Laboratorios de Innovación Trasnformadora en concellos e cámaras municipais. Trátase dun proxecto piloto que vén de poñer en marcha o Eixo Atlántico co obxectivo de incrementar a cohesión social e territorial dos municipios.
Condenados a 5 e 6 anos e medio de cadea os autores dun intento...
Condenados a 5 e 6 anos e media de prisión os autores dun intento de homicidio en Ribeira. Os feitos aconteceron en 2023 cando feriron de gravidade a outro home tras acoitelalo e dispararlle cun arma de fogo. Os acusados aceptaron as penas impostas tras chegar a acordo entre as partes.
Fronte común de Barbanza Arousa contra Altri
Os catro alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa fan fronte común ante Altri. Rexeitan o proxecto da macrocelulosa polo grave impacto ambiental na comarca así como as consecuencias sobre o subministro de auga en tódolos concellos que dependen do Ulla.
Ribeira estrea dous novos aseos públicos
Ribeira estrea dous aseos públicos autolimpables. Están situados no paseo do Touro e nas Abesadas. O obxectivo do concello é seguir ampliando estes equipamentos en distintos espazos públicos do municipio.
Catro escritores da comarca ofrecerán un recital na Pobra co gallo do Día da...
Por segundo ano consecutivo, A Pobra volverá conmemorar o Día Mundial da Poesía. Será o 21 de marzo cun recital poético a cargo de catro escritores da comarca. Os seus versos irán acompañados con música e voz da soprano Esperanza Mara.

















