Rianxo acollerá a II Andaina Solidaria de BarbanTEA

Rianxo conmemorará o Día Mundial do Autismo cunha programación especial orientada a  reivindicar a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que padecen este trastorno. Entre as actividades a realizar figura unha andaina solidaria que o Concello organiza da man da asociación BarbanTEA. A cita será o domingo 6 de abril.

Rianxo continuará coa renovación de luminarias en boa parte do casco urbano

A corporación municipal de Rianxo celebra arestora unha sesión plenaria na que se somete a aprobación poder acollerse a unha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, o IDAE,  para renovar o alumeado público en varias zonas do casco histórico aínda pendentes. O proxecto proposto ascende a uns 547 mil euros e en total cambiaranse unhas 468 luminarias.

A Pobra acollerá este sábado unha gran mobilización en contra de Altri

A PDRA convoca este sábado na Pobra unha gran mobilización en contra da macrocelulosa de Altri. Colectivos de toda Galicia marcharán por terra e por mar para amosar a súa oposición a este proxecto que vén de recibir a declaración de impacto ambiental favorable por parte da Xunta.

O concello de Boiro estuda coa Federación Galega de Fútbol a ampliación do campo...

O presidente da Federación Galega de fútbol desprazouse ata Boiro para coñecer o proxecto de ampliación do campo de Barraña. O concello traballa na compra duns terreos anexos para construír unha cidade deportiva.

A Deputación da Coruña distingue os mellores deportistas da provincia

Ana Peleteiro e César Carballeira foron distinguidos pola Deputación da Coruña como mellores deportistas da provincia. Entre os premiados destaca tamén a empresa Congalsa polo seu labor de promoción do deporte base na comarca do Barbanza.

O PP de Boiro critica o retraso no pago das axudas a deportistas

O PP de Boiro denuncia o retraso no pago das axudas a deportistas federados. Os populares critican tamén, que a día de hoxe, o 30% das subvencións a clubs e entidades deportivas seguen pendentes de realizarse.

A AECC de Ribeira agarda recadar 10.000 euros na Gala Benéfica que se celebrará...

A xunta local da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira celebrará o sábado 12 de abril a súa Gala Benéfica. Agardan recadar preto de dez mil euros que se destinarán á investigación oncolóxica.

Tonhito de Poi volverá guiar ós visitantes polos mitos e lendas de Ribeira

Tonhito de Poi volverá guiar ós visitantes polos Mitos e Lendas de Ribeira. O concello pon en marcha a segunda edición desta ruta que se desenvolverá nos meses de abril, maio e xuño. Ademais dun itinerario guiado, os asistentes gozarán dun concerto e degustación gastronómica.

O executivo boirense conclúe as obras de mellora de accesos en Nine

O executivo boirense dá por concluídas as obras de mellora levadas a cabo nun camiño de acceso a varias vivendas e parcelas agrícolas no lugar de Nine, na parroquia de Cespón. A actuación, que responde a unha demanda realizada polos propios veciños da zona, contou cun investimento de máis de 60 mil euros, financiada en parte cunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Rianxo saca unha nova convocatoria de achegas de impulso ó comercio local

Á posta en marcha por primeira vez o pasado ano dunha liña de subvencións destinada á dinamización do comercio local, a través das propias asociacións locais de comerciantes, súmase este ano outra, co fin  de atraer empresas para o municipio.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete