Ribeira inaugura unha Oficina EsMar de asesoramento sobre as axudas do FEMPA

O Conselleiro do Mar desprazouse ata Ribeira para inaugurar a nova Oficina EsMar, emprazada na Porta do Sol. Trátase dun dos sete puntos habilitados pola Xunta en toda Galicia para asesorar ó sector sobre as axudas europeas do FEMPA.

Boiro acolle este sábado II Memorial Luís Torrado Treus

Este sábado terá lugar en Boiro unha velada de boxeo, o segundo memorial Luís Torrado Treus. A cita, que se desenvolverá no pavillón de Barraña a partir das sete da tarde, incluirá un total de 8 pelexas neoprofesionais e amateur.

Ribeira abordará a necesidade de dragar o porto no Consello Sectorial de Pesca

Ribeira celebrará este venres o Consello Sectorial de Pesca no que se abordarán temas clave para o sector. Ademais do dragado dos portos, estudarase a posta en marcha dun plan de acción para poñer freo á perda da produtividade marisqueira na ría.

Cinco boirenses detidos por tráfico de drogas no marco da Operación Mansao

Detidas 5 persoas en Boiro por un presunto delito de tráfico de drogas.  A investigación iniciouse tras detectar un incremento dos roubos nas inmediacións dos puntos de venda, cometidos polos compradores das substancias estupefacientes.

O executivo rianxeiro aborda con Portos a reversión de terreos portuarios en desuso

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, valorou de xeito moi positivo a xuntanza de traballo mantida co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez. Na reunión abordáronse diferentes temas de interese para o municipio, sendo un dos máis importantes a proposta definitiva para a reversión para o Concello de terreos con escaso uso portuario.

Detidas dúas mulleres e un menor por intento de homicidio en Boiro

Tres persoas, dúas mulleres de 30 e 28 anos, e un menor, foron detidas en Boiro coma presuntos autores dun delito de homicidio en grao de tentativa. Segundo se desprende da investigación levada a cabo polo equipo xudicial da Garda Civil de Noia, os detidos, todos eles das Canarias, atacaran a un empresario boirense con negocios inmobiliarios nas Illas.

Saen á venda as entradas para o xantar de maiores de Ribeira

Esta mañá saían á venda en Ribeira as entradas para asistir ó encontro de maiores. A cita terá lugar o domingo 23 de marzo na Fieiteira e nela agárdase unha participación próxima ó millar de persoas.

Máis de 500 maiores reúnense no Xantar de Confraternidade de Boiro

Máis de 500 persoas déronse cita este mediodía no pavillón de Barraña para asistir ó Xantar de Confraternidade da Terceira Idade de Boiro. Ademais das autoridades locais e representantes de toda a comarca, o evento contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña.

As mulleres da Cruz Vermella foron as protagonistas dos actos do 8M en Boiro

Boiro adiantou tamén a celebración do 8M, Día Internacional da Muller, cun acto que se desenvolveu no hall da casa consistorial e que congregou a numeroso público. Este ano o Concello decidiu homenaxear ás mulleres da Cruz Vermella, sendo elas as encargadas de ler o manifesto.

Causan graves danos ó entrar a roubar nun 24 horas de Boiro

Novo roubo en Boiro. Dous individuos accederon a un local de vending e forzaron tódalas máquinas expendedoras para levar a recadación. Os propietarios do negocio reclaman máis seguridade posto que é o oitavo roubo que sofren.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete