Rematadas as obras de remodelación integral do paseo dos Mosqueiros
Rematadas as obras de renovación integral do paseo marítimo dos Mosqueiros. Esta actuación, xunto coa que se iniciará próximamente na Ameixada, suporán unha fonda transformación da fronte litoral de Castiñeiras.
O PSOE de Rianxo reclama a revisión da ordenanza de vados
O PSOE de Rianxo esixe a modificación urxente da ordenanza fiscal número 12 que regula a os vados a accesos á vía pública dende os garaxes. Os socialistas consideran que o equipo de goberno debe explicar claramente en que consiste o cambio, para evitar interpretacións arbitrarias e garantir un trato xusto para toda a veciñanza.
O BNG rexeita a reactivación do depósito de lodos fronte a Sálvora
O BNG reclama a clausura definitiva do depósito de áridos nas inmediacións da Illa de Sálvora. Entenden que reactivar o punto de vertido nunha zona tan sensible pode ter efectos adversos tanto a nivel medioambiental como de produtividade da ría.
Ribeira homenaxeará ás traballadoras da limpeza polo 8M
O concello de Ribeira homenaxeará ó colectivo de mulleres traballadoras da limpeza co gallo do 8M. Farao durante o acto institucional previsto para este sábado no que recibirán un agasallo en recoñecemento ó seu labor.
En marcha as obras de humanización da travesía de Palmeira
A Conselleira de Infraestruturas desprazouse esta mañá ata Palmeira onde comezaron os traballos de humanización da travesía que vertebra a parroquia. O obxectivo desta obra, que conta cun orzamento próximo ós tres millóns de euros, é dar prioridade o tránsito peonil con beirarrúas máis amplas e accesibles, zonas verdes e espazos de lecer.
Os empresarios de Ribeira sortearán 1000 euros polo Día do Pai
A Asociación de Empresarios de Ribeira sorteará mil euros a gastar nun só día co gallo do día do Pai. A campaña, que conta con preto de 40 negocios participantes, desenvolverase dende este xoves ata o 19 de marzo.
Finalizada a reforma exterior da casa consistorial de Ribeira
Avanzan a bo ritmo as obras da futura casa consistorial de Ribeira. A principios de mes, o concello recepcionaba a obra da envolvente exterior do inmoble. Queda pendente agora a reforma interior que estará rematada ó longo deste ano.
Rianxo busca o respaldo do Estado para novas actuacións
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, valorou moi positivamente a reunión mantida na Coruña co Delegado do Goberno, Pedro Blanco. A xuntanza serviu para facer balance dos últimos investimentos realizados polo Goberno Central no municipio que ascenderon a preto dos dous millóns de euros. O rexedor aproveitou tamén o encontro para solicitarlle colaboración para varios proxectos como pode ser a recuperación do bordo litoral de Fincheira a Quenxo.
Os Reventapistóns quentan motores para a súa VII Concentración Moteira
Ribeira prepárase para acoller unha das citas máis agardadas do ano para os amantes do motor. A sétima edición da Kedada Moteira Reventapistóns desenvolverase o sábado 22 de marzo cun completo programa de actividades no que non faltarán sorpresas.
A Boliña celebra a súa tradicional Festa da Orella
os veciños de A Boliña en Boiro volveron a organizar, da man do Concello, a súa tradicional festa da orella. A cita tiña lugar a tarde-noite do sábado, sendo numerosas as persoas que se achegaron ata a alí ese día para poder desfrutar desta xornada festiva.


















