O PP de Boiro pon en marcha unha campaña para denunciar a suba do...

O PP de Boiro pon en marcha unha campaña para denunciar a suba do IBI urbano por parte do concello. Repartirán folletos informativos entre a veciñanza informando do incremento deste imposto nun 25 por cento.

Boiro celebra a reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade

Boiro celebrou esta mañá a reunión ordinaria da xunta local de seguridade. Na xuntanza, presidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, fíxose unha avaliación da situación da seguridade cidadá no municipio.

A oposición tomba a proposta de aprobación do regulamento do SAT

A oposición rianxeira tombou no pleno de onte a proposta do equipo de goberno para a aprobación do regulamento do servizo de atención temperá. Consideran que o executivo non mira pola calidade do servizo nin tampouco polas familias que dependen del.

Remeiros de AMICOS debutarán no Campionato Galego de Remoergómetro da man do Club de...

O equipo de remo integrado por usuarios de AMICOS debutará este domingo no Campionato Galego de Remoergómetro que se celebrará en Boiro. A iniciativa partiu do Club de Remo Cabo de Cruz e conta coa colaboración de Jealsa.

O tecido asociativo e hostaleiro de Boiro implícase na celebración do 8M

Diversas entidades do tecido asociativo e empresarial colaboran coa celebración do Día da Muller en Boiro. Unha das novidades vén da man dun local hostaleira que ofrecerá unha hamburguesa especial en homenaxe á activista feminista Naomi Parker.

Ramiro Carregal recibe a Medalla de Ouro da Federación Galega de Vela

Ramiro Carregal recibiu a Medalla de Ouro da Real Federación Galega de Vela. Con este distintivo, entregado no transcurso dun acto no Club Náutico de Ribeira, a entidade pretende recoñecer o inestimable labor do empresario no fomento e difusión deste deporte.

O PP demanda melloras na contorna da Casa da Cultura de Castiñeiras

O concello de Ribeira acometerá o acondicionamento da Casa da Cultura de Castiñeiras e a súa contorna. Así o acordou a corporación de xeito unánime a raíz dunha proposta do Partido Popular.

Sesións de teatro afeccionado e monólogos no ‘Marzo a Escena’ de Ribeira

O auditorio de Ribeira acollerá ó longo deste mes de marzo varias sesións de teatro afeccionado e dous monólogos. A entrada para todos estes espectáculos será de balde pero será preciso retirar invitación media hora antes do comezo de cada función.

Ribeira Atlántica 2030 aspira a trasformar a zona de Bandourrío con fondos europeos

O concello de Ribeira concorrerá ós fondos europeos EDIL co Proxecto Ribeira Atlántica 2030. Contempla a transformación integral da zona de Bandourrío coa rehabilitación da nave de Cerqueira como centro sociocultural e o derrube do auditorio vello para a construción dun aparcadoiro soterrado.

As Amas de Casa de Ribeira volverán homenaxear ós maiores cunha chocolatada

A Asociación de Amas de Casa de Ribeira volverá homenaxear ós maiores do municipio cunha xornada de confraternidade. Será o domingo día 9 cunha chocolatada e posterior baile no restaurante Baiuca.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete