O polígono de Espiñeira recibe máis de 100 mil euros da Xunta para melloras...

A delegada territorial da Xunta na Coruña, mantivo un encontro cos empresarios do polígono de Espiñeira, en Boiro. Ademais de interesarse polas demandas do colectivo, Belén Docampo tivo ocasión de visitar as obras executadas con cargo ás axudas da Consellería de Economía e Industria para mellorar os parques empresariais.

Queremos Galego Barbanza anima ós veciños da comarca a sumarse á mobilización do día...

Queremos Galego Barbanza anima á veciñanza a sumarse á manifestación en defensa da lingua que terá lugar o día 23 en Compostela. Baixo o lema ´Lingua Vital Xa’ reivindicarán a necesidade de dar cumprimento ó Plan Xeral de Normalización Lingüística.

Detido un sonense por estafa continuada a través do uso fraudulento de tarxetas de...

A Garda Civil de Boiro detivo a un veciño de Porto do Son como presunto autor de varios delitos de estafa continuada. Os feitos tiveron lugar en diversos establecementos das provincias da Coruña e Pontevedra entre novembro de 2024 e xaneiro de 2025.

Tres concellos do Barbanza estudan mancomunar o servizo de recollida do lixo

Os concellos do Barbanza dan un paso máis á hora de mancomunar servizos. Rianxo, Boiro e A Pobra están a estudar un sistema conxunto de xestión de residuos que permita abaratar os custos e prestar un mellor servizo á veciñanza.

Mar trasládalle ó sector a súa vontade de mellorar a produtividade do libre marisqueo

Os patróns maiores da ría de Arousa mantiveron un encontro co conselleiro do Mar para analizar a situación do libre marisqueo. Na xuntanza acordaron levar adiante diferentes accións de cara a recuperar a produtividade dos bancos.

Os alcaldes de Boiro, Rianxo e A Pobra comproban a boa evolución do Plan...

Os alcaldes de Boiro, Rianxo e A Pobra visitaron esta mañá o Centro de Formación de Espiñeira onde se está a desenvolver o Programa Integrado de Emprego. Hai anos que as tres administracións colaboran nesta iniciativa conxunta que vén acadando índices de inserción laboral moi elevados.

O PP de Ribeira urxe a retirada dos coches abandonados ó carón dos Xulgados

O PP de Ribeira denuncia a existencia de varios puntos de vertido incontrolados en todo o termo municipal. Un dos máis preocupantes, denuncian os populares, é o depósito de vehículos abandonados a carón dos xulgados.

Concello de Boiro e asociacións colaboran na organización do programa do entroido

Boiro volverá a vivir por todo o alto o seu entroido con citas para tódolos públicos. Ademais das actividades organizadas polo concello, co desfile de disfraces á cabeza, destacan as citas promovidas polas asociacións como a Festa da Orella de Porco da Boliña ou o festival das peñas.

Entran en vigor os cambios circulatorios na contorna das Casas Baratas en Ribeira

Xa entraron en vigor os cambios circulatorios na contorna da praza do Centenario e o auditorio de Ribeira para mellorar a fluidez do tráfico no casco urbano. A rúa Mariño de Rivera pasa a ser de dobre dirección mentres que as rúas da Feira, Pedro Arias e Barbanza cambian de sentido.

A Deputación da Coruña inviste preto de 11 millóns de euros do POS no...

O presidente da Deputación da Coruña visitou esta mañá o concello de Ribeira para facer un balance dos investimentos do POS non só no municipio senón en toda a comarca do Barbanza.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete