O PSOE de Rianxo crítico coa situación económica do Concello

O voceiro do PSOE de Rianxo, Óscar Rial, carga de novo contra a xestión económica do  equipo de goberno. Segundo el situación está a poñer en serio risco a estabilidade orzamentaria do Concello.

O PP de Ribeira reprocha ó goberno a perda dunha subvención para o polígono...

O PP de Ribeira denuncia a perda dunha subvención de repotenciación para o futuro polígono. Segundo a súa voceira, trátase dunha mostra máis do desinterese do goberno local por crear chan industrial no municipio.

Prisión para un dos dous ribeirenses detidos polo alixo de cocaína en Asturias

Prisión para un dos dous detidos de Ribeira relacionados co alixo de cocaína incautado a pasada semana na costa asturiana. O Xulgado de Pravia, que é quen instrúe o caso, decretou prisión provisional e sen fianza para el e para outros tres detidos, coma autores dun presunto delito contra a saúde pública. Trátase de F.M.V., xa con antecedentes policiais anteriores vinculados ó tráfico de drogas.

A BTT de Rianxo reunirá a preto de 500 participantes entre probas ciclistas e...

Medio milleiro de deportistas daranse cita en Rianxo para participar na Ruta BTT e Andaina que se celebra o domingo 16. A proba ciclista componse de tres distancias mentres que os que opten por percorrido a pé deberán completar un circuíto de 22 quilómetros.

Usuarios da piscina da Pobra demandan medidas de seguridade nas instalacións

Usuarios da piscina municipal da Pobra demandan a instalación dunha varanda de seguridade para que as persoas con mobilidade reducida poidan introducirse na auga.

Ribeira aproba o POS+ 2025 da Deputación da Coruña

A corporación municipal ribeirense celebrou onte pola noite unha sesión plenaria con carácter extraordinario que serviu para aprobar o POS Plus da Deputación da Coruña para este ano 2025, no que ó municipio lle corresponden 1’7 millóns de euros. Dese total, uns 800 mil euros serán destinados a gasto corrente, e a cantidade restante á realización de obras.

O concello de Ribeira acometerá unha reforma integral na Rúa Romero Ortiz

O mal estado da rúa Romero Ortiz motivou numerosas queixas de usuarios que alertan do risco de caídas e de danos nos vehículos. O concello de Ribeira acometerá unha actuación integral para substituír as lousas de granito por un novo pavimento.

Rianxo saca de novo a licitación de sete postos no mercado municipal

O concello de Rianxo fai un novo intento de promoción da súa praza de abastos, sacando a licitación un total de sete postos aínda sen ocupar. Segundo explicou o alcalde, Julián Bustelo, o obxectivo non é outro que a dinamización deste espazo comercial, para eles de vital importancia, para o desenvolvemento futuro da vila.

Chega unha nova edición dos 100 do Barbanza

A proba, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza-Sar, terá lugar os días 21 e 22 de xuño. A Pobra será saída e chegada desta edición, percorrendo posteriormente tamén os municipios de Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son e Ribeira.

Os concursos de murgas e de disfraces de Ribeira incorporan este entroido moitas novidades

Ribeira atópase xa inmersa nos preparativos do entroido. Esta mañá, a concelleira de Cultura daba a coñecer as bases do certame de murgas e comparsas así como do concurso de disfraces que incorpora importantes novidades.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete