O PP de Ribeira denuncia falla de transparencia do goberno para dificultar o labor...
Pola prensa. Así coñecía a voceira do PP de Ribeira a convocatoria dunha comisión informativa extraordinaria para esta tarde. Os populares denuncian a falla de comunicación por parte do goberno municipal co fin, din, de obstaculizar o seu labor na oposición.
O PP de Boiro faise eco do malestar de hostaleiros e comerciantes pola última...
BOIRO> Os dous últimos roubos perpetrados a negocios da vila, un deles en pleno casco urbano, a escasos metros da casa consistorial, está a...
O goberno rianxeiro consegue sacar adiante o POS+2025 da Deputación co apoio do PP
Rianxo destinará o 75 por cento do POS a gasto corrente. O pleno aprobou a pasada noite a proposta do goberno co apoio do PP e a abstención do PSOE e o BNG. No apartado de obras destaca unha partida para dotar de mobiliario á biblioteca así como actuacións de mellora viaria.
O Encontro Arqueolóxico do Barbanza celebrará a súa maioría de idade no Pazo de...
O Encontro Arqueolóxico do Barbanza acada este ano a súa maioría de idade. As xornadas terán lugar en febreiro no Pazo de Goiáns e contarán con poñentes de gran sona a nivel internacional.
Comuneiros de Olveira demandan maior transparencia na xestión por parte da directiva
A comunidade de montes de Olveira denuncia a falla de transparencia na xestión por parte da xunta directiva. Demandan ter acceso á información para coñecer o estado das contas e as actas das asembleas.
Ribeira entrega as bolsas a vinte deportistas non profesionais da localidade
Ribeira entregou este mediodía as bolsas ós 20 deportistas non profesionais da localidade para que poidan seguir desenvolvendo a súa actividade. O acto de entrega estivo presidido polo alcalde, Luís Pérez Barral, e o edil de Deportes, Xabier Vidal.
Rianxo impulsará a creación dun Consello Municipal do Mar
O executivo rianxeiro vai impulsar a posta en marcha dun Consello Municipal do Mar. A proposta pretende aglutinar a tódolos axentes implicados co fin de abordar a grave situación que atravesa o sector.
Máis de 800 remeiros participarán na XXII Contrarreloxo de Traíñas de Cabo de Cruz
O peirao de Cabo de Cruz acollerá este sábado a vixésimo segunda edición da Regata Contrarreloxo de Traíñas. Na proba participará máis de 60 embarcacións e uns 850 deportistas non só de Galicia senón doutras comunidades.
AMICOS busca sensibilizar á poboación fronte ó cambio climático co proxecto Climability
A Asociación AMICOS clausurou esta mañá na Pobra o proxecto Climability. A través desta iniciativa desenvolveuse un estudo sobre os efectos do cambio climático e a adopción de solucións baseadas na propia natureza.
Ribeira avanza cara un novo modelo de cidade coa remodelación da Rúa Mendiño
Ribeira avanza na peonalización do casco urbano coa remodelación da rúa Mendiño. A obra, cun investimento de máis de cen mil euros, supuxo a dotación de plataforma única para favorecer a accesibilidade e a renovación de servizos.

















