O temporal segue sen dar tregua ao Barbanza

O temporal que segue afectando á nosa comarca. Aínda que arestora a situación foi mellorando, pola mañá rexistráronse novamente un feixe de incidencias. A maioría delas de pouca consideración, pero que obrigaron igualmente a ter que actuar ós equipos de emerxencias.

Boiro destinará o millón de euros do POS+ 2025 da Deputación a gasto corrente

A corporación boirense celebrou onte pola noite a sesión plenaria con carácter ordinaria correspondente a este mes de xaneiro. Entre os puntos da orde do día figuraba a aprobación do POS Adicional da Deputación da Coruña para este ano 2025. Ó Concello correspóndenlle algo máis de 1 millón de euros, que vai destinar na súa totalidade ó financiamento do gasto corrente.

Ribeira solidarízase co Club de Remo Puebla

Deporte e solidariedade volven ir da man nunha iniciativa impulsada dende a Escola de Boxeo El Canario e o Club de Natación. Trátase dunha carreira e unha andaina que buscan recadar fondos en favor do Club de Remo Puebla, afectado tralo incendio que destruíu as súas instalacións. A cita será este vindeiro domingo 2 de febreiro.

O PP leva ó Senado os vertidos de hidrocarburos na Ribeiriña

O PP levará ó Senado os problemas de vertidos da Ribeiriña. O senador Manuel Ruíz presentará unha iniciativa a través da cal lle solicita ó Ministerio de Transición Ecolóxica unha solución definitiva a este problema, derivada, segundo el, dunha mala execución das obras de rexeneración levadas a cabo na zona. Ruíz tamén pide que se leve a cabo un estudo que permita coñecer o estado actual do chan e se proceda á retirada dos depósitos de hidrocarburos.

O concello de Ribeira solicitará a cesión do uso da Unidade de Condutas Aditivas

Ribeira dá o primeiro paso para recuperar a titularidade do edificio da Unidade de Condutas Aditivas. O pleno aprobou por unanimidade solicitar á Seguridade Social a cesión do seu uso durante 30 anos.

Ribeira convoca por segunda vez unha mostra colectiva de mulleres artistas

O concello de Ribeira convoca por segundo ano a Mostra das Mulleres. Seleccionaranse un total de 30 pezas a incluír nunha exposición colectiva no Centro Cultural Lustres Rivas que se inaugurará no mes de marzo.

O BNG proporá o recoñecemento de Castelao como primeiro presidente de Galicia

O BNG celebrou esta pasada fin de semana en Rianxo o seu acto nacional coincidindo co 75 cabodano de Castelao. A portavoz nacional, Ana Pontón, volveu reivindicar a figura e o pensamento do insigne galeguista, anunciando que levarán mañá martes ó pleno dp Parlamento unha iniciativa para que o rianxeiro sexa recoñecido coma o primeiro presidente de Galicia.

O IES Pobra e o colexio de Cadreche suspenden os clases por mor das...

O Barbanza está a rexistrar numerosas incidencias ó paso desta borrasca. O IES Pobra e o colexio Pilar Maestú Sierra, da mesma localidade, víronse obrigados a suspender as clases nesta xornada.

Os veciños de Aguiño levarán ata a Consellería de Sanidade as súas demandas

A alerta laranxa polo temporal costeiro non foi quen de disuadir ós veciños de Aguiño que un venres máis saíron á rúa para reclamar dous médicos a tempo completo. Ademais do reparto de pancartas para colgar nos balcóns, anunciaron que a próxima semana levarán a súa protesta ata Santiago.

Barbanza Arousa, primeira mancomunidade distinguida como Destino Turístico Intelixente

Barbanza Arousa presentou en Fitur a súa oferta turística enfocada este ano na desestacionalización, buscando ser un destino atractivo os 365 días do ano. A Mancomunidade aproveitou tamén a súa presenza na Feira para recoller tamén o distintivo de Destino Turístico Intelixente, converténdose así na primeira entidade supramunicipal de Galicia en obter este recoñecemento.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete