Inaugurada en Ribeira a V Feira Gastromar

Ribeira enxalza o produto do mar coa quinta edición de Gastromar. A cita gastronómica, organizada pola Asociación de Empresarios da localidade, prolongarase ata o domingo, con exhibicións gastronómicas a cargo de reputados cociñeiros, obradoiros divulgativos e degustacións de produtos do mar locais como é o caso do lirio, o polbo ou a navalla, entre outros.

Ribeira endurece o control sobre o consumo responsable da auga da rede municipal

O concello de Ribeira endurece as restricións para moderar o consumo de auga. Ademais da recomendacións xa publicadas a principios de mes sobre a limitación de regos e baldeos, o executivo anuncia roldas da Policía Local para controlar que se está a facer un uso responsable da auga potable da rede municipal.

A Pobra presenta un cartel de luxo para o Nazareno

Aínda coa resaca do Carme dos Pincheiros, o concello da Pobra presentou xa o cartel das Festas do Nazareno que se celebrarán entre o 18 e o 21 de setembro. A cita central será o domingo coa tradicional procesión das mortallas que atraerá a miles de devotos ata o municipio.

Palmeira repartirá unha tonelada na súa Festa do Polbo

Esta mañá presentábase a 12ª edición da Festa do Polbo de Palmeira. A cita gastronómica terá lugar a última fin de semana de agosto, os días 29 e 30, nunha carpa que se instalará no peirao da localidade. Durante os dous días da festa prevese repartir unha tonelada de polbo.

AMICOS avanza na restauración dos fondos mariños na contorna de Sálvora

A directora xeral de Persoas con Discapacidade participou esta mañá no proxecto de restauración mariña que desenvolve AMICOS. Instalaron nas inmediacións da Illa de Sálvora un cento de soportes de laminarias que favorecen o mantemento da biodiversidade en augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A ABE pon o fin á tempada de verán coa campaña ‘Fóra Stocks Boiro’

A ABE sorteará 300 euros en vales de compra no marco da campaña ‘Fóra Stocks Boiro’ que se desenvolverá dende mañá ata o sábado. Os comercios sacarán os seus productos á rúa para dar o remate final á tempada de verán.

O Natural Sport celebra o seu 30 aniversario con deporte e gastronomía

O Club Natural Sport de Ribeira continúa cos actos de celebración do seu 30 aniversario. O sábado 29 desenvolverase unha exhibición deportiva acompañada dunha degustación gastronómica na rúa do Sal.

Amas de Casa de Ribeira inaugura a VI Mostra Cultural Aires de Dorna

Inaugurada en Ribeira a sexta edición da Mostra Cultural Aires de Dorna da asociación das Amas de Casa do municipio. A exposición recolle traballos de labores artesanais elaborados por máis de 200 alumnos que participan nos talleres que desenvolve a entidade ó longo do ano.

A nave de Cerqueira converterase nun espazo multiusos

A conversión da nave de Cerqueira en espazo multiusos é a opción maioritaria suxerida pola cidadanía na enquisa promovida polo concello de Ribeira. Os resultados coinciden coa vontade do executivo así como cos intereses da asociación social e cultural de Bandourrío que sitúaña futura Cerqueira como eixo dinamizador do barrio.

O Cabo da Cruz réndese un ano máis ao mexillón

A localidade boirense do Cabo de Cruz rendeuse un verán máis ó mexillón, coa celebración da 18ª edición da Festa de Exaltación do Mexillón. Centos de persoas disfrutaron do prezado molusco preparado en catro especialidades diferentes. Dende a organización apuntan a que se dispensaron máis de oito mil racións deste produto.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete