O vicepresente da Deputación supervisa a rehabilitación da capela do Pazo de Goiáns
O vicepresidente da Deputación da Coruña visitou esta mañá as obras de rehabilitación da capela do Pazo de Goiáns. A actuación, orzamentada en preto de 110 mil euros, contou cunha achega provincial próxima ós 90 mil euros.
Julián Bustelo asume a presidencia de Barbanza Arousa
A Mancomunidade de Municipios Barbanza-Arousa celebrou esta mañá o pleno de oficialización do traspaso de poderes á fronte da entidade. O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, asumirá ó longo de todo o ano a presidencia do ente comarcal, subtituindo ó seu homólogo de Ribeira, Luís Pérez Barral, quen ocupou este posto durante 2024.
A asociación Francisco Lorenzo Mariño celebra a Semana Cultural no seu XX Aniversario
A asociación cultural Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño celebra este ano o seu vixésimo aniversario. Entre os moitos actos que organiza ó longo do ano destaca a súa Semana Cultural que dará comezo mañá venres con numerosas actividades.
Ribeira amplía a súa oferta de cursos dixitais no primeiro trimestre do ano
O concello de Ribeira disporá neste primeiro trimestre do ano unha ampla oferta formativa no eido da capacitación dixital. A aula CEMIT acollerá cursos de informática en diversos niveis así como os exames da plataforma EMA para as persoas que remataron os cursos de teleformación.
O pleno da Pobra aproba destinar o POS adicional a varios programas de emerxencia...
A corporación pobrense aprobou por unanimidade as partidas a incluír no POS Social da Deputación da Coruña. Son máis de 50 mil euros que se destinarán ós programas de comedor sobre rodas, cesta da compra, axudas de emerxencia e vivenda social.
O goberno de Rianxo fixa como prioridade para este ano a creación de chan...
A ampliación de chan industrial constitúe o principal reto do goberno rianxeiro para este exercicio. Xunto a este, a creación dun centro de día e a mellora da xestión de recollida de residuos son os obxectivos máis destacados para este 2025.
O Barbanza contará cun hospital de día oncolóxico
A Xunta de Galicia habilitará un Hospital de Día OncoHematolóxico no Hospital do Barbanza. A nova unidade dará servizoa máis de 600 paceinte ó ano, evitando o seu desprazamento ó Clínico de Santiago.
A Alameda e a Praza Maior da Pobra volverán ser titularidade do concello
Portos de Galicia e o concello da Pobra acordaron a reversión dos terreos innecesarios para a actividade portuaria. Pasaría novamente a titularidade municipal toda a zona da Alameda e a Praza Maior así como o treito da estrada que os separa .
O PSOE de Rianxo denuncia o incumprimento dos prazos na aprobación da Conta Xeral
O PSOE de Rianxo denuncia o incumprimento dos prazos legais para aprobar a conta xeral de 2023. Consideran que o executivo está a cometer unha grave irresponsabilidade que pode derivar mesmo na perda de subvencións
A Deputación da Coruña apoia ao Club de Remo Puebla con cen mil euros
Na Pobra seguen os apoios ó Club de Remo Puebla, que intenta rexurdir tralo devastador incendio que destruíu por completo a súa sede social, na Covecha. A Deputación da Coruña anunciou que destinará unha axuda de 100 mil euros para compra de novas embarcacións e diverso equipamento.

















