Ribeira estuda ampliar a instalación de paneis fotovoltáicos a máis edificios municipais

En Ribeira veñen de rematar as obras de instalación de paneis solares en diferentes edificios públicos. A actuación, que busca avanzar no aforro enerxético e no compromiso ambiental, contou cun orzamento de máis de 263 mil euros.

Seguen as inspeccións para dar coa posible orixe do vertido na Ribeiriña

Na Pobra seguen tamén as inspeccións no entorno da antiga fábrica de Hadasa, na Ribeiriña, co fin de detectar a posible orixe dun vertido aparecido no mar nos últimos días.

Os alcaldes do Barbanza súmanse á proposta de abordar a gratuidade da AP-9

Os alcaldes do Barbanza apoian a proposta do concello de Ames e solicitan unha comisión para abordar a gratuidade da AP-9. Consideran que se trata dunha medida moi necesaria para os veciños da comarca, xa que os elevados custes das peaxes impiden a moitos usuarios poder empregala.

Marea solidaria de axuda ó Club de Remo Puebla para reconstruir a súa sede

Dous días despois do voraz incendio que destruíu por completo a sede do Club de Remo Puebla seguen as mostras de apoio e solidariedade co Club. O máis importante nestes momentos, poder reconstruír a nave que foi pasto das lapas. A estrutura do edificio está gravemente danada polo que todo apunta a que haberá que derrubala.

Medio Ambiente convoca axudas para dinamizar a área de influencia das Illas Atlánticas

A Conselleira de Medio Ambiente visitou o centro de día de Agadea en Ribeira. Ánxeles Vázquez quixo coñecer máis de preto o proxecto ‘Un camino de lembranzas’ que resultoiu beneficiario da liña de axudas para a dinamización dos concellos da área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Tres compañías pasarán polo Cine Elma na Mostra de Teatro Afeccionado da Pobra

No marco da súa Mostra de Teatro, o concello da Pobra dedicará o mes de xaneiro ás compañías amateur. Serán tres as funcións que se representen no cine Elma a cargo da Asociación Cultural Charamela, o Grupo Licor Café e Teatro As Maniotas.

BarbanTEA organiza unha recepción inclusiva dos Reis Magos

Boiro acollerá este domingo unha recepción inclusiva dos Reis Magos. Será a partir das once e media da mañá no local Leñaverde e está especialmente orientada a nenos neurodiverxentes, aínda que aberta a todo o público.

Boiro licitou contratos por valor de 1’5 millóns de euros ó longo de 2024

Ano de récord en Boiro que pechou o 2024 con preto dun millón e medio de euros en licitacións de obras e servizos. Entre os máis destacados, figuran as reformas de rueiros en Runs e San Mauro, a reforma do mercado de abastos ou o sendeiro entre o río Breiro e Exipto.

Ribeira pecha a campaña de Nadal con pouco marisco pero boa cotización

Pasadas as datas festivas deste Nadal toca facer balance da campaña marisqueira. En Ribeira, a pesar da escaseza de capturas destacou a boa facturación posto que as principais especies acadaron moi bo prezo en lonxa.

Ribeira estrea novo modelo de cabalgata, máis vistosa e inclusiva

En Ribeira teñen todo preparado para recibir ós Reis Magos o próximo día 5. Chegarán en dorna á capital do Barbanza para percorrer posteriormente en carroza as principais rúas do casco urbano. En caso de chuvia realizarase unha recepción no auditorio.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete