Ribeira adopta medidas preventivas para frear futuras okupacións

O concello de Ribeira adoptou unha serie de medidas para evitar novas ocupacións en inmobles abandonados. Ademais do corte de subministros nun piso da rúa Romero Ortiz, negociaron coa SAREB para o tapiado de edificios baleiros.

O concello da Pobra considera ‘positivo e necesario’ o traslado do Fernández Varela

O concello da Pobra seguirá adiante coa proposta de traslado dos alumnos do Fernández Varela a Bandaseca. Priman os criterios de baixada de matrícula no CEP Salustiano Rey Eiras que conta con instalacións infrautilizadas que poderían acoller tanto o módulo de infantil como a zona de comedor e madruga.

A escola infantil de Ribeira aposta por pedagoxías activas para estimular a creatividade

A escola infantil de Ribeira aposta por novos métodos pedagóxicos nos que cobra protagonismo a experimentación dos cativos a través de materias naturais e de refugallo. O concello de Ribeira colabora cunha dotación económica para a adquisición destes novos equipamentos.

Os nenos de Boiro conectan con Papá Noel por videoconferencia

Os nenos de Boiro tiveron ocasión de falar con Papá Noel. Nunha videoconferencia con Laponia, desenvolvida esta mañá na aula CeMit fixéronlle chegar as súas peticións para este Nadal.

Os pais da E.E.I. Fernández Varela opóñense ó traslado dos alumnos a Bandaseca

Oposición da comunidade educativa ó posible traslado dos alumnos da Escola de Educación Infantil Fernández Varela a outro centro. Tanto os pais como o equipo docente manifestaron a súa disconformidade coa proposta do concello.

Rianxo conta xa cunhas renovadas instalacións no Pazo do Martelo

Onte tiña lugar a súa posta de longo co acto oficial de inauguración das obras de rehabilitación do Pazo do Martelo. A reforma do edificio supuxo un investimento de preto do millón e medio de euros. A metade do importe a través dunha achega do Goberno Central dentro do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para Entidades Locais. O resto con cargo a fondos do propio Concello.

O Apalpador e Papá Noel visitarán A Pobra esta fin de semana

O espírito navideño invadirá A Pobra esta fin de semana con varios desfiles e actividades que farán disfrutar ós máis pequenos da casa. O Apalpador e Papá Noel visitarán a vila e mesmo nevará no Cantón da Leña.

O percebe de Aguiño rolda os 200 euros na semana previa ó Nadal

Os mariscadores de Aguiño atópanse inmersos na campaña de Nadal onde o percebe soe ser un dos mariscos máis demandados. A principios desta semana o prezo chegou a roldar os 200 euros.

O concello de Ribeira convida á pista de xeo ós cativos con menos recursos

O concello de Ribeira entregou esta mañá varios lotes de entradas para a pista de xeo ás asociacións sen ánimo de lucro do municipio. Representantes de Cruz Vermella e Faibén recolleron as invitacións da man do concelleiro de Servizos Sociais e do presidente da asociación de empresarios.

Suspensión cautelar para a contratación do Servizo de Axuda no Fogar no concello de...

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública vén de acordar a suspensión cautelar da contratación do Servizo de Axuda no Fogar do concello de Boiro. O Tribunal tomou esta decisión unha vez estudado o recurso presentado por Comisións Obreiras, ó entender que se apreciaban presuntas irregularidades no proceso de licitación e contratación.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete