A delegada da Xunta supervisa a mellora dos accesos ó polígono de Té
A mellora dos accesos do polígono de Rianxo, que favorece ademais a conexión entre as parroquias de Asados e Taragoña, xa é unha realidade. A delegada territorial da Xunta supervisou o resultado desta obra que supuxo un investimento de máis de 70 mil euros.
O PP de Ribeira desminte que o concello estea a negociar con Portos o...
O PP saíu ó paso do anuncio realizado polo concello de Ribeira sobre as negociacións con Portos para trasladar ós redeiros á lonxa vella. A voceira popular di que tan só existe un ofrecemento para solicitalo pero nega que se iniciasen as conversas co organismo dependente de Mar.
O concello de Ribeira critica a negativa da Xunta a construír escolas infantís públicas
O concello de Ribeira critica a negativa da Xunta a construír escolas infantís públicas. Denuncian que o goberno autonómico devolverá máis de 20 millóns de fondos europeos para este fin, a pesar da necesidade de moitos municipios que non dispoñen xa de prazas públicas para nenos de cero a tres anos.
Os gardas civís gañan ós curas no partido benéfico en favor de Cáritas
Gran éxito do partido de fútbol disputado onte domingo en Boiro que enfrontou a garda civís e curas. Os dous colectivos vestíronse de curto por unha boa causa: recadar fondos en favor de Cáritas.
Denuncian a falla de transparencia nas listas de agarda do Hospital do Barbanza
Ducias de persoas concentráronse ás portas do Hospital do Barbanza para denunciar o incremento das listas de agarda. Denuncian que os datos publicados polo SERGAS son ficticios posto que non se contemplan as citas para revisións que acumulan esperas de máis de dous anos nalgunhas especialidades.
Palmeira mobilízase contra a instalación dunha antena de 40 metros na Lomba
A presión veciñal evitou a instalación dunha antena de máis de 40 metros de altura en Palmeira, nunha parcela pegada ás vivendas e moi próxima ó colexio. Foron os propios residentes na zona os que alertaron ó concello que, tras comprobar que a obra, carecía dunha serie de permisos e informes sectoriais requiridos procedeu á súa paralización.
O concello de Ribeira paraliza a instalación dunha antena en Palmeira por carecer dos...
O concello de Ribeira enviou unha mensaxe de tranquilidade ós veciños tras paralizar a instalación da antena. Informaron de que xa se está a buscar unha localización alternativa que non afecte a núcleos de poboación.
O BNG leva ó Parlamento as necesidades dos centros educativos de Boiro
O BNG levou ó Parlamento a situación dos centros de ensino de Boiro. Ademais da cobertura das prazas de mestres especialistas en tódolos centros, demandan a construción dunha cuberta na escola infantil de Praia Xardín.
Ribeira organiza a XIV BTT de Nadal
Ribeira acollerá o domingo 29 de decembro a XIV Ruta BTT de Nadal. Na proba, organizada polo Concello en colaboración co Club Os Saltamontes, Arousa NeO e a asociación de veciños de Carreira, prevese unha participación duns 300 ciclistas.
O BNG do Barbanza presenta emendas ós orzamentos da Xunta por valor de 31,5...
O BNG do Barbanza presentou alegacións ós orzamentos da Xunta por valor de 31 millóns e medio. No eido económico destaca a necesidade de crear chan industrial e apoiar ó sector do mar mentres que no aspecto social demandan maior investimento en sanidade e educación.


















