Medio cento de empresas do Barbanza obteñen o selo de calidade turística SICTED
A calidade turística é o principal sinal de identidade da Mancomunidade Barbanza Arousa que onte entregou os distintivos SICTED a medo cento de empresas. A Gala do Turismo, celebrada no auditorio de Ribeira, serviu para recoñecer a aposta pola excelencia de varios axentes turísticos que operan na comarca.
A Pobra acenderá o seu Nadal este sábado
A Pobra será un dos primeiros concellos do Barbanza en estrear o Nadal. Este sábado terá lugar o acto de acendido do alumeado na praza Segundo Durán xunto coa inauguración do belén e un concerto.
Detidos cinco pobrenses no marco da operación ‘O Inferno’ contra o tráfico de drogas
Golpe ó tráfico de drogas na Pobra. A Garda Civil detivo a un total de cinco persoas, pertencentes a un mesmo clan familiar. Foi no marco da operación ‘O Inferno’, que se saldou ademais co intervención de numerosas substancias e unha gran cantidade de diñeiro en metálico.
A clínica dental Rebeca deOzores e a ABE volverán repartir sorrisos entre os máis...
Por segundo ano consecutivo, a clínica dental Reba Ozores volve impulsar a campaña solidaria Doa un Sorriso en colaboración coa ABE. O obxectivo é recadar produtos de primeira necesidade para as familias con necesidades que serán entregados a Cáritas e Cruz Vermella.
Máis de 1200 rapaces participarán no Festirititití de AMICOS pola inclusión
AMICOS volverá celebrar o Día Internacional da Discapacidade cunha gran festa pola inclusión. O Festirititití reunirá en Boiro a máis de 1200 rapaces o próximo 3 de decembro.
Barbanza e Muros-Noia din ‘non’ a violencia de xénero
En Barbanza e Muros-Noia sucedéronse tamén numerosos actos institucionais para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Un dos máis significativos tiña lugar en Ribeira, na carpa do mercado, no que ademais das autoridades locais, tomaron parte os centros educativos de secundaria e outras entidades, como é o caso de AMBAR, A Creba ou AGADEA.
A delegada territorial da Xunta participa na sementeira de ameixa da cooperativa Ría de...
A delegada territorial da Xunta na Coruña participou esta mañá nas labores de sementeira de cría de ameixa que desenvolveu a cooperativa Ría de Arosa de Abanqueiro. Estas tarefas foron posible grazas a unha subvención autonómica de 11 mil euros para a adquisición da semente.
A Pobra repite por quinto ano co Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas
A Pobra promove por quinto ano consecutivo o concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas. A iniciativa, que premiará a aquelas vivendas mellor decoradas da localidade, forma parte da campaña ‘Volta o Nadal, voltan as Caramiñas’.
As obras de mellora das instalacións do Náutico Barraña encaran xa a súa recta...
As obras de mellora das instalacións do Club Náutico Barraña encaran xa a súa recta final. Despois de renovar a zona de oficinas e vestiarios, os traballos céntranse agora no acondicionamento da zona exterior.
A conselleira de Medio Ambiente participa nunha plantación de sobreiras no Parque Natural de...
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou esta mañá, xunto co alumnado do Centro de Formación e Experimentación Aagroforestal de Lourizán, nunha plantación de sobreiras no Parque Natural de Corrubedo. Alí avogou pola recuperación deste tipo de especies autóctonas para garantir a preservación da biodiversidade dos Parques Naturais de Galicia.


















