A Deputación da Coruña contará en 2025 cun orzamento de máis de 240 millóns

O orzamento da Deputación da Coruña para 2025 superará os 240 millóns de euros. Supón un incremento do oito por cento con respecto ó actual exercicio e practicamente a metade transferirase directamente ós concellos no marco do Plan Único.

O concello de Boiro acometerá a mellora da eficiencia enerxética no Centro Social de...

O concello de Boiro acometerá a reforma integral do centro social de Cures. A execución deste proxecto, cun orzamento de 142 mil euros, será posible grazas a unha subvención autonómica que achegará máis de 95 mil euros.

O Barbanza fai gala da súa solidariedade colaborando cos afectados polas inundacións

A comarca do Barbanza solidarizouse tamén cos afectados pola DANA con numerosas recollidas de alimentos, produtos de hixiene e donativos. O concello de Boiro enviou ademais tres voluntarios de Protección Civil con material para colaborar nas tarefas de limpeza e desescombro.

Éxito do ‘Máis que Tapas’ en Rianxo

Rianxo acollía esta pasada fin de semana con gran éxito a ruta Máis que Tapas, que organiza a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa.

O PP de Boiro insta ó concello a retomar as negociacións para aprobar a...

O PP de Boiro insta ó goberno a avanzar na aprobación da Relación de Postos de Traballo. Critican os populares a falla de diálogo do executivo por contratar a unha empresa externa en lugar de escoitas as demandas do comité de empresa.

Renacer desenvolverá unha xornada de prevención sobre o consumo de pornografía entre os mozos

A asociación Renacer celebra en Ribeira unha xornada de prevención sobre o consumo de pornografía na infancia e na adolescencia. Desenvolverase o venres día 15 no auditorio vello e contará coa presenza do profesor da Universidade das Illas Baleares, Lluís Ballester.

Rianxo reclama máis persoal para o centro de saúde e ampliar o horario do...

Rianxo viviu onte unha multitudinaria mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. O motivo da mesma non era outro que reclamar a ampliación do horario do PAC e que se cubran a totalidade de prazas de médico no centro de saúde.

25 locais de Ribeira e A Pobra súmanse á 3ª Ruta de Tapas co...

25 locais hostaleiros participan na Ruta de Tapas co Lirio de Ribeira que se desenvolverá este sábado día 2. O obxectivo é poñer en valor unha das principais especies da lonxa ribeirense que supón o 60 por cento das capturas que se descargan no porto barbanzán.

O comité de empresa do concello de Boiro urxe a aprobación da RPT

O Comité de Empresa do concello de Boiro urxe á aprobación dunha Relación de Postos de Traballo actualiza. Denuncian o retraso na súa elaboración e a falla de diálogo entre a administración e os traballadores.

A confraría de Aguiño adquire un vehículo para o transporte de redes grazas a...

O Conselleiro do Mar visitou esta mañá a confraría de Aguiño para coñecer os novos equipamentos que vén de adquirir grazas a unha subvención autonómica. O principal é un vehículo para trasladar as redes das embarcacións cerqueiras, presupostado en máis de 400 mil euros.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete