Ribeira acollerá o 19 de outubro o IV Open de Spinning de Galicia

Esta mañá presentábase en Ribeira a cuarta edición do Open de Spinning de Galicia. No campionato prevese unha participación dunhas 170 persoas.

O PP da Pobra critica o cambio de postura do goberno con respecto ás...

Os populares da Pobra critican o cambio de postura do executivo en relación ás naves dos Areos. Tras anos apostando pola súa recuperación propoñen agora o derrube das fábricas. Aínda que dende o PP sempre defenderon esta opción, entenden que se teñen perdido fondos para acometer esta actuación ó longo dos últimos anos ante a negativa do goberno.

Ribeira aproba o seu orzamento cos votos en contra do PP

O executivo de Ribeira sacou adiante a súa proposta de orzamentos para 2024. O pleno deu luz verde á tramitación inicial das contas a pesar da oposición do PP que criticou duramente o retraso na aprobación así como a falla de diálogo para achegar propostas.

A Deputación da Coruña pon en valor o labor das entidades sociais na atención...

Visibilizar a importancia da saúde mental e rachar cos estigmas aínda presentes na sociedade. Este é o obxectivo principal do Día Mundial da Saúde Mental que se conmemora hoxe. O concello de Ribeira celebrou esta mañá un coloquio, organizado pola asociación A Creba, coa intervención de distintos expertos na materia dende o punto de vista sanitario e social.

Mar e as federacións de confrarías avanzan no borrador do plan de xestión do...

A Consellería do Mar e as federacións de confrarías traballan no deseño do plan de explotación do polbo na busca dunha xestión máis eficiente e sostible do recurso. Estudan a ampliación do período de veda ata catro meses, dous deles subvencionados.

Rafael Álvarez ‘El Brujo’ recalará en Ribeira co espectáculo ‘Iconos’

Ribeira engrosa a súa programación cultural con catro novas propostas que se desenvolverán no auditorio ata decembro. Destaca o espectáculo ‘Iconos’ do recoñecido dramaturgo Rafael Álvarez ‘El Brujo’.

A borrasca Kirk deixa pegada no Barbanza

Nas comarcas do Barbanza e Muros e Noia rexistráronse un regueiro de incidencias. A maioría delas de pouca consideración. A máis grave, en Porto do Son, onde o forte vento tirou con varias das paredes do polideportivo anexo ó instituto Fraga do Noivo. Motivo que obrigou á suspensión das clases.

SEA e concello da Pobra estudan varias alternativas para dotar de máis chan industrial...

O concello da Pobra e SEA exploran novas vías para a ampliación de chan industrial do municipio. A xerente da sociedade estatal mantivo esta mañá unha xuntanza coa xunta directiva da entidade de Conservación do Polígono para estudar as alternativas de terreos dispoñibles.

Rianxo avanza na dotación de servizos básicos co saneamento de Quintáns que finalizará este...

O alcalde de Rianxo saíu ó paso das críticas formuladas polo Partido Socialista con respecto ó retraso dalgunhas obras. Julián Bustelo aclarou que o abastecemento e saneamento dos  núcleos de Quintáns e Vilas está a piques de rematar. Incidiu en que a demora debeuse ás dificultades orográficas do terreo e non á incapacidade de xestión do goberno.

Ribeira debaterá este xoves a aprobación dos orzamentos que ascenden a 31’6 millóns de...

A corporación municipal de Ribeira debaterá este xoves a aprobación dos orzamentos para o 2024. A proposta do goberno, que ascende a 31’6 millóns de euros, prioriza o reforzo de servizos básicos e a atención ás persoas, sen incrementar os impostos municipais.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete