Este venres arrincan na Pobra as festas do Carme dos Pincheiros
A Pobra prepárase estes días para vivir unha das súas citas festivas do verán, o Carme dos Pincheiros. Os festexos desenvolveranse do 14 ó 17 de agosto cunha extensa programación dirixida a satisfacer a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores.
O CIM de Ribeira fomenta a corresponsabilidade cun obradoiro de Batch Cooking
O concello de Ribeira segue a fomentar a corresponsabilidade con iniciativas como o obradoiro de Batch Cooking que se celebrará do 24 ó 27 de agosto. Será impartido polo prestixioso cociñeiros Iñaki Bretal na primeira planta do mercado municipal.
O PSOE de Rianxo advirte da demora no pago a provedores
O PSOE de Rianxo esixe ó goberno maior transparencia na información sobre o pago a provedores. Os socialistas denuncian que a débeda actual ascende a preto dun millón de euros e o período medio de pago rolda os 90 días.
Sae ileso e polo seu propio pé o condutor dun vehículo que caeu ó...
Susto na Pobra esta madrugada cando un vehículo caeu ó mar na na rotonda do porto deportivo. Afortunadamente o condutor, que resoltou ileso, puido saír polos seus propios medios. Tanto o suceso como a retirada do turismo causaron grande expectación.
O concello da Pobra ultima o acondicionamento do novo aparcadoiro do Lagar
Tras habilitar zonas reservadas para residentes no Lagar, o concello da Pobra procedeu a alugar unha parcela na zona para estacionamento libre. Operarios municipais ultiman estes días os traballos de acondicionamento para a posta en marcha do novo aparcadoiro.
A Deputación da Coruña pon en valor o turismo enolóxico co seu apoio ...
Éxito da terceira edición do Boviño Fest que reuniu no Barbanza a unhas dez adegas de toda Galicia. O obxectivo desta cita á seguir a promocionar a IXP Viños da Terra do Barbanza e Iria ó tempo que se pon en valor a cultura, a paisaxe e o patrimonio. O evento conta co financiamento da Deputación da Coruña.
A XII edición do Torneo Congalsa de Golf reunirá a un cento de participantes
Esta mañá presentábase nas instalacións de Barbanza Golf, en Macenda, a 12 edición do Torneo Congalsa que terá lugar a fin de semana do 22 ó 24 deste mes de agosto. Na cita deportiva, xa consolidada no calendario galego, prevese unha participación dun cento de xogadores.
Medio cento de postos integran a Feira Castrexa de Boiro
Este venres abriu as súas portas o mercado castrexo de Boiro. A rúa peonil albergará durante toda a fin de semana máis de medio cento de postos de artesanía, gastronomía e produtos variados que atraen ata a vila a centos de visitantes.
A confraría da Pobra recorre á vía penal ante a avalancha de furtivos nas...
O incremento do furtivismo levou á confraría da Pobra a adoptar medidas drásticas. Ademais do reforzo da vixilancia por parte dos mariscadores, recorrerán á vía penal en vista da ineficacia das sancións administrativas.
A Regata Rías Baixas volverá recalar na Pobra na súa 63 edición
A Regata Rías Baixas volverá recalar na Pobra do Caramiñal na súa 63 edición. Medio cento de embarcacións tomarán parte nesta proba, unha das máis lonxevas de toda Galicia, que se compón de catro etapas co porto pobrense como única escala na provincia da Coruña.


















