A subdelegada do goberno preside en Ribeira os actos do Día da Policía

A Policía Nacional de Ribeira celebrou o día do seu patrón, os Anxos Custodios, cun solemne acto presidido pola subedelegada do goberno na Coruña.María Rivas fixo entrega de tres condecoracións a axentes da policía nacional e entregou un distintivo especial á policía local, en recoñecemento á colaboración entre corpos.

O PP de Ribeira pídelle explicacións ó goberno local polo proxecto da variante

O PP de Ribeira acusa ó equipo de goberno de falla de transparencia. Faino en relación ó estudo das alternativas ó proxecto de circunvalación encargado polo Concello hai máis dun ano, do que aínda nada se sabe. Os populares intentaron sen éxito no último pleno que o alcalde respondera sobre esta cuestión.

Desartellada unha rede de narcotráfico que distribuía droga a toda Galicia dende o Barbanza

A Garda Civil desartellou un grupo criminal dedicado ó narcotráfico na comarca do Barbanza. Polo momento hai nove detidos no marco da operación ‘Claudo’ que continúa aberta.

O concello de Rianxo ultima un proxecto para converter o Pazo de Rianxiño nun...

O concello de Rianxo traballa na redacción dun proxecto técnico para habilitar o Pazo de Rianxiño como centro de día. Conta co asesoramento de AGADEA para cubrir aquelas cuestións elementais requiridas por Política Social para prestar este servizo.

Sen rastro aínda de Félix Triñanes

En Boiro continúa o operativo de busca de Félix Triñanes , desaparecido dende a noite do pasado luns. Nada se sabe polo de agora do seu posible paradoiro. A melloría do tempo permitiu reanudar esta mañá a súa busca en zonas próximas a onde apareceu o seu vehículo, na praia de Mañóns.

A Pobra homenaxeará a Valle-Inclán con quince propostas culturais ó longo do mes de...

A Pobra celebra ó longo deste mes de outobro as XXVI Xornadas en homenaxe a Valle-Inclán. O teatro centra boa parte da programación na que tamén se inclúen exposicións, presentación bibliográficas, roteiros teatralizados e cafés-tertulia.

A Pobra reunirá ós seus maiores nun xantar de confraternidade o 25 de outubro

A Pobra celebrará o vindeiro 25 de outubro o xantar da tarceira idade. Na cita, que se desenvolverá como é habitual no pavillón de Venecia, prevese reunir a unhas 750 persoas.  O prezo das entradas será de 18 euros, que poderán retirarse a partir do día 7.

Continúa a busca do veciño de Boiro desaparecido dende a noite do luns

Continúa a busca dun veciño de Boiro de 72 anos. Trátase de Félix Triñanes Sánchez, natural de Abanqueiro. Desaparecía o pasado luns pola noite, cando saíu a pescar á praia de Mañóns. A súa familia alertou da súa falla, despois de ver como non regresaba a súa casa.

Mal inicio do libre marisqueo en Arousa, especialmente nos Lombos do Ulla

RIANXO> Mal inicio da campaña do libre marisqueo en Arousa. O peor escenario rexistrouse nos Lombos do Ulla nos que foi imposible acadar os...

A factoría de Stolt Sea Farm de Rianxo creará 175 postos de traballo

RIANXO> O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, informou do macroproxecto da nova factoría de Stolt Sea Farm, que prevé asentarse no polígono industrial de...

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete