Emprendemento mozo en Rianxo co chiringuito Terapia
Rianxo conta este verán cunha nova oferta de ocio. Emprazado nun marco incomparable, como é a praia de Tanxil, atopámonos co Chiringuito Terapia. Está rexentado por un mozo da localidade, Ezequiell Míguez, que con tan só 17 anos decidiuse a abrir o seu propio negocio. E polo que vemos non lle está indo nada mal…
Rianxo organiza unha nova andaina solidaria en favor de SOGAPS
Rianxo organiza unha nova andaina solidaria en favor da asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí. Será o vindeiro 22 de agosto. Todo o recadado a través das inscricións será destinado integramente á entidade.
A Deputación da Coruña achega máis de 250 mil euros para avanzar na rehabilitación...
A Deputación da Coruña aprobou o crédito para seguir avanzando na rehabilitación dos inmobles da finca de Goiáns. Trala rehabilitación do Pazo e da Capela procederase agora á posta en valor das cortes e o lagar pequeno, cunah achega de máis de 250 mil euros
Río Azor acolle este sábado o Campionato Infantil de Fotografía Submarina
RIBEIRA> Máis dunha ducia de nenos participarán no Campionato Infantil de Fotografía de Peixes que se desenvolverá este sábado na praia de Río Azor...
O PSOE de Rianxo denuncia o retraso nas obras de abastecemento da Marquesa
O PSOE de Rianxo insiste na denuncia na tardanza na execución das obras de abastecemento na Marquesa, na parroquia de Asados. Os socialistas recollen o malestar da veciñanza pola paralización dos traballos e o mal estado dos viais que atravesan este núcleo. Reclámanlle ó executivo local unha solución inmediata ó problema.
O comercio da Pobra sairá á rúa esta fin de semana
A Pobra celebra esta fin de semana unha nova edición do Comercio na Rúa. A praza do Emigrante albergará as casetas nas que os comerciantes da vila sacarán á venda os seus produtos.
O BNG de Boiro critica a falla de previsión do goberno ante os problemas...
O BNG de Boiro critica a falla de previsión do goberno ante os problemas de abastecemento de auga. Os nacionalistas consideran que as medidas restritivas chegan tarde, cando xa están producindo cortes e perdas de presión no subministro.
Máis dun cento de postos integrarán a Feira Artemar de Ribeira
Ribeira volverá reivindicar o seu pasado mariñeiro cunha nova edición de Artemar que se celebrará entre o 13 e o 16 de agosto. Un cento de postos integrarán o mercado que contará con animación de rúa e espectáculos de gran formato.
Aguiño exaltará a súa navalla este domingo
Esta fin de semana terá lugar a décima Exaltación da Navalla en Aguiño. A organización prevé repartir 600 quilos de bivalvo xunto con racións e empanada.
Unhas 150 parellas participarán no IX Torneo de Pádel Cidade de Ribeira
Esta mañá presentábase a novena edición do Torneo de Padel Cidade de Ribeira. A cita, organizada polo Club Deportivo Pádel Ribeira, en colaboración do Concello, disputarase do 8 ó 15 de agosto. Prevese unha participación dunhas 150 parellas.

















