Máis de 20 establecementos participan na XXI Feira de Oportunidades Viamare

Ribeira celebrará entre o 7 e o 9 de agosto a vixésimo primeira edición do Viamare Stock. Máis de vinte establecementos comerciais participarán nesta feira de oportunidades que, por primeira vez, pechará as portas a mediodía.

As exaltacións gastronómicas continúan en Rianxo coa festa do mexillón

Rianxo segue a súa programación de citas gastronómicas coa exaltación do mexillón que se celebrará esta fin de semana. Ademais de promocionar o consumo deste produto, a festa pretende tamén dar a coñecer o proceso de produción e a importancia do sector miticultor na economía local.

Boiro toma medidas ante a falla de presión de auga na rede municipal

BOIRO> Os problemas de falla de presión e cortes que se están a producir de xeito habitual dende hai varias semanas na rede municipal...

O Hospital do Barbanza mellora a súa precisión diagnóstica con tres novos equipos

O conselleiro de Sanidade desprazábase esta mañá ata o hospital do BArbanza para coñecer os novos servizos que vén de implementar o centro comarcal. Ademais das novas salas de pediatría e radioloxía, adquiriuse un ecógrafo para a consulta de dermatoloxía.

O barrio do Lagar na Pobra contará con aparcamentos reservados para residentes

O concello da Pobra vén de reordenar o estacionamento no barrio do Lagar reservando prazas exclusivas para residentes. As persoas que reúnan os requisitos xa poden solicitar a tarxeta acreditativa para o seu uso nas dependencias da Policía Local.

O pleno aproba destinar preto de 900 mil euros do remanente ó reforzo de...

O concello de Ribeira destinará preto de 900 mil euros do remanente ó reforzo de servizos básicos nas parroquias. Así o aprobou a corporación no pleno ordinario celebrado a pasada tarde.

Ribeira quenta motores para as súas festas de verán

Ribeira quenta motores para as súa festas de verán. Mañá mesmo arrancarán coa lectura do pregón a cargo da reitora da USC que dará paso á verbena a cargo da orquestra Panorama. O cartel de música e actividades contempla unha ampla programación da que poderán disfrutar veciños e visitantes ata o domingo.

Aberta a consulta sobre o futuro de Cerqueira ata o 7 de agosto

A cidadanía ribeirense terá ocasión de participar no futuro proxecto da nave de Cerqueira a través dunha enquisa para decidir os seus usos. Os interesados en facer as súas achegas dispoñen de prazo ata o 7 de agosto a través dun formulario que xa está dispoñible na web municipal.

O PSdeG defende en Rianxo a Galicia exterior

Un ano máis, os socialistas galegos elixiron Rianxo para celebrar o Día de Galicia. O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitou este encontro para reivindicar o papel decisivo da emigración na construción do pais. E fíxoo ademais cunha intervención telemática dende Bos Aires onde se atopa estes días de viaxe oficial.

Rianxo enchéuse de xouba

Rianxo rendeu homenaxe esta pasada fin de semana a un dos seus produtos estrela: a xouba. Dende o mércores desenvolvéronse multitude de actividades na vila, que tiveron o seu punto álxido o sábado, coa degustación popular no Campo de Arriba.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete