O sector da alimentación na Coruña secunda maioritariamente unha nova xornada de folga

Nova xornada de folga no sector do comercio de alimentación na provincia da Coruña. Na comarca do Barbanza un dos puntos quentes vivíase en Ribeira, onde ademais das concentracións ás portas dos supermercados, se celebrou unha mobilización polas rúas da cidade. No foco a mellora das condicións laborais e salariais dos traballadores.

Abre a Feira do Libro de Rianxo con oito librarías participantes

Este mediodía arrancou en Rianxo a Feira do Libro. Xunto co pregoeiro, Anxo Angueira, participaron no acto responsables do concello e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo. A programación estenderase ata o domingo con numerosas presentacións literarias e actividades de animación para tódolos públicos.

Sete nenos saharauis pasarán o verán en Rianxo

Sete nenos procedentes dos campos de refuxiados de Tinduf pasan o verán en Rianxo grazas ó programa Vacacións en Paz coordinado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Xosé Manuel Vilas e Ciprián Rivas, percebeiros de honra de Aguiño

Xosé Manuel Vilas e Ciprián Rivas serán os percebeiros de honra na vixésimo sétima edición da Festa do Percebe de Aguiño. Os galardóns serán entregados o próximo dous de agosto durante a celebración da exaltación gastronómica.

Ribeira contará cun segundo parque canino en Cubeliños

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, María Sampedro, asinaban esta mañá o convenio de colaboración que permitirá a súa construción. O parque, que se emprazaría na zona de Cubeliños, podería estar xa operativo antes de finais de ano.

AMICOS promove a inclusión social e a conservación ambiental no seu Campo de Voluntariado...

AMICOS pechou o seu Campo de Voluntariado Xuvenil cunha xornada de convivencia no Parque Natural de Corrubedo.15 mozos participaron nesta iniciativa que combina a conservación do medio ambiente coa educación en valores e o respecto á diversidade.

Congalsa e a USC estreitan a súa colaboración para a transferencia de coñecemento

Congalsa e a Universidade de Santiago buscan novas vías de colaboración no campo da innovación e da ciencia. A reitora da institución visitou a sede da empresa no polígono da Tomada. para coñecer de primeira man os procesos produtivos e os proxectos de investigación desenvolvidos pola firma pobrense.

Polémica polo emprazamento da estación de bicicletas eléctricas da Pobra

A Mancomunidade Barbanza Arousa procedeu á instalación das estacións de bicicletas eléctricas nos catro concellos. O obxectivo é fomentar a mobilidade sostible intercomarcal a través deste servizo de préstamo que estará xa operativo nas próximas semanas.

O BNG de Ribeira reclama a renovación da rúa da Barreira

O BNG demanda a pavimentación da rúa da Barreira. Os nacionalistas reclámanlle ó executivo local que continúe co plan de asfaltados que eles puxeran en marcha cando estaban na alcaldía, e ir así mellorando as estradas municipais, reforzando tamén a seguridade viaria.

Multitudinaria homenaxe á Virxe do Carme en Rianxo

Centos de persoas asistiron a última hora da tarde de onte á misa e posterior procesión da Virxe do Carme en Rianxo. Na maioría das vilas da zona a cerimonia celebrouse durante a xornada de mañá, aínda que en Rianxo é tradición facelo pola tarde, aproveitando ademais o festivo local.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete