O sector valora de xeito positivo o acordo para exención de cotas á seguridade...
O sector valora moi positivamente o acordo que permitirá que os mariscadores e mariscadoras, tanto de a pé coma de a flote, deixen de pagar as cotas á Seguridade Social os días que non poidan traballar a causa dos temporais. A medida será plasmada no próximo Real Decreto-Lei que o Goberno Central pretende aprobar antes do parón vacacional de agosto.
En marcha as obras de mellora no parque de Cimadevila
O executivo boirense está a executar as obras de reordenación e urbanización do parque de Cimadevila. A actuación, cun orzamento de preto de 180 mil euros, está financiada con cargo ó POS Máis Concellos da Deputación da Coruña.
O PP de Boiro reclama solucións aos problemas de cortes de auga na rede...
O PP de Boiro denuncia a situación que sofren os veciños de Triñáns, Cimadevila ou Cabo de Cruz, entre outras zonas do municipio, debido ós cortes contínuos e a falla de presión de auga. Os populares pídenlle ó goberno maiores investimentos na rede municipal, para que se garanta un servizo básico prioritario, como é o da auga. O PP teme que detrás poida estar a intención do equipo de goberno da privatización do servizo.
Desartellada unha banda organizada que estafaba a locais hostaleiros mediante o método do corte...
A Garda Civil desartella unha organización criminal dedicada a realizar estafas telefónicas a establecementos de hostalería mediante o método do corte da luz. Foi no marco da denominada operación ‘Lightcall’. Hai locais hostaleiros afectados en Muros, Boiro, Noia ou Padrón, entre outras localidades galegas. O importe total estafado roldaría os 11 mil euros.
O orzamento da Pobra para este 2026 ascende a 10’5 millóns de euros
O executivo da Pobra levará este venres a pleno para a súa aprobación inicial a súa proposta orzamentaria para este ano 2026. O presuposto ascende a 10’5 millóns de euros, unha cifra lixeiramente inferior á do ano anterior, nun 2’7%.
Boiro saca a liña de axudas destinadas a necesidades sociais
Un ano máis o executivo boirense, a través da área de Política Social, volve a sacar a liña de axudas económicas extraordinarias destinada a atender situacións de necesidade social. Coma novidade da convocatoria é que se atenderán tamén obras de adaptación de vivendas en materia de accesibilidade.
O goberno de Boiro saca peito tralo éxito das festas fronte ó alarmismo de...
Aínda coa resaca das festas de Boiro que concluían este mércores, o alcalde fixo un balance moi positivo das celebracións. Ademais do éxito de público e o grao de satisfaccións dos veciños e visitantes, Xosé Ramón Romero destacou o bo funcionamento dos dispositivos de seguridade posto que apenas houbo incidencias durante seis días de celebracións.
A Plataforma pola Sanidade alerta do incremento da presión asistencial no Barbanza durante o...
Novo escenario pero mesma reivindicación. A plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza trasladou as concentracións do centro de saúde da Pobra ós Xardíns Valle-Inclán. Pretenden deste xeito facer máis visible a súa protesta pola cobertura das vacantes e a apertura do PAC en quenda de tarde.
O futuro do Club de Remo Pobra pende dun fío
O proxecto de reforma da sede do Club de Remo Pobra, que fóra pasto do lume en xaneiro de 2025, quédaselles pequeno. O Club traballa para conseguir o financiamento necesario para sacar adiante un proxecto máis ambicioso que dea resposta ás necesidades actuais da entidade, cun volume de remeiros importante.
Rianxo saca a licitación o contrato de subministración de enerxía eléctrica das instalacións municipais
O contrato, cun custe duns 514 mil euros, permitiralle ó Concello reducir en aproximadamente uns 100 mil euros o seu gasto anual na factura da luz.
















