600 taekwondistas daranse cita no Open Internacional Cidade de Ribeira

O Club Natural Sport celebrará unha nova edición do Open de Taekwondo Cidade de Ribeira. Nesta cita, prevista para esta fin de semana no complexo deportivo da Fieteira, daranse cita destacados deportistas a nivel internacional.

Nós Pobra propón a revisión do pacto de goberno

Nós Pobra insta ó resto de partidos que compoñen o executivo da Pobra a revisar o pacto de goberno. Entenden que a saída de José Carlos Vidal da formación altera o equilibro de forzas. Tras unha primeira xuntanza co BNG fan un chamamento a PSOE e VIPs para pronunciarse sobre o novo escenario político.

O BNG confía en recuperar a alcaldía de Ribeira con Luís Pérez Barral

Luís Pérez Barral repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Ribeira. Esta mañá presentaba oficialmente a súa candidatura nun acto no que estivo arroupado por numerosos militantes e simpatizantes. Asistiron tamén a deputada no Parlamento, Rosana Pérez, e a voceira nacional do partido, Ana Pontón, quen amosou a súa total confianza en que o BNG recuperará a alcaldía de Ribeira o próximo 23 de maio.

O concello de Ribeira renovará a rede de abastecemento da Carroucha

O concello de Ribeira acometerá a renovación da rede de subministro de auga potable na contorna da Carroucha. Este foi o compromiso adquirido pola alcaldesa nunha recente xuntanza cos veciños deste histórico barrio.

Rianxo busca apoios para recuperar a imaxe antiga do dique de Tanxil

O alcalde, Julián Bustelo, trasladoulle ó delegado do Goberno, Pedro Blanco, nunha xuntanza mantida recentemente, esta inquedanza. O Concello baralla varias opcións que deberán ser analizadas polas dúas Administracións con competencias nesta zona, tanto o Goberno Central como o Goberno Autonómico.

A orquestra Sons repasará os clásicos do Nadal o 10 de xaneiro en Ribeira

A orquestra Sons volverá ofrecer un espectáculo en Ribeira durante o Nadal. Será o 10 de xaneiro cando suban á escena acompañados por outros músicos convidados para ofrecer ós asistentes un repertorio que combina clásicos do Nadal.

Chega a Rianxo a segunda edición da Gladiator Kids

Rianxo acollerá este vindeiro sábado, 17 de outubro, unha nova edición da Gladiator Kids, unha carreira de obstáculos para nenos de 3 a 12 anos, sen un fin competitivo. Todo o recadado a través das inscricións será destinado á asemblea local da Cruz Vermella.

O concello de Boiro investirá máis dun millón de euros en obras de pavimentación

BOIRO> O concello de Boiro destinará máis dun millón de euros a obras de pavimentación e renovación de servizos en todo o municipio. Os...

O alcalde da Pobra aclara os motivos que lle levaron a encabezar a lista...

Segue a polémica na Pobra tralo anuncio de José Carlos Vidal de concorrer ás próximas eleccións municipais como cabeza de lista do PSOE. O alcalde quixo saír ó paso das declaracións realizadas por Nós Pobra aclarando que non abandonou a militancia do partido polo que o que foi elixido para ostentar a alcaldía. Tamén respondeu á solicitude de renuncia que lle formularon asegurando que a súa acta está a disposición do partido sempre que consigan chegar a acordo coas outras forzas da coalición para evitar a entrada do PP.

Bustelo defende o acordo entre Rianxo en Común e o PSdeG

Trala sorpresa inicial, en Rianxo, xa asimilan o anuncio entre Rianxo en Común e o Partido Socialista para concorrer xuntos ós vindeiros comicios municipais.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete