A 7ª edición do Viladomar segue a encher de cor os muros de Rianxo

Na súa sétima edición, o festival Viladomar de Rianxo reuniu a tres muralistas de recoñecido prestixio. Agustina Shaun, Lula Goce e Alejandro Mosquera foron os encargados de encher de cor o muniicpio, transformado as paredes en obras de arte.

Miguel Corgos destaca a capacitación dixital da sociedade galega na visita á aula CeMit...

O Conselleiro de Facenda e Administración Pública participou esta mañá na clausura do curso de finanzas desenvolvido na Aula Cemit de Ribeira. Miguel Corgos destacou a importancia de formación para avanzar na dixitalización da sociedade galega.

O executivo rianxeiro levará a pleno este mes de xullo a aprobación da RPT

Rianxo contará en breve cunha Relación de Postos de Traballo tralo acordo entre Concello e os representantes sindicais que tomaron parte nas negociacións. Trátase dun documento clave, segundo as propias palabras do alcalde, Julián Bustelo, que busca ordenar e definir os postos, as funcións e as responsabilidades dos traballadores municipais, adaptándoos á realidade actual.

Máis de 250 nenos participan nos campamentos de conciliación de Rianxo

Máis de 250 nenos participan no programa de conciliación desenvolvido polo concello de Rianxo este verán. Os campamentos, divididos en tres sedes, cubrirán todo o período non lectivo cun horario ampliado con respecto á anterior edición.

Xestur asumirá a execución do polígono de Ribeira que podería estar licitada a finais...

A alcaldesa de Ribeira e a Conselleira de Industria asinaron un protocolo de colaboración para o desenvolvemento do futuro polígono. Será Xestur o encargado de executar o proxecto de construción do parque empresarial de Pedras Vermellas.

As peñas toman a Cachada no ecuador das festas de Boiro

As festas continuaron hoxe co tradicional Día das Peñas. O parque da Cachada converteuse no escenario principal dos festexos, cos orixinais xogos peñeiros e o mangueirazo de honra, a cargo este ano dun dos impulsores do Día das Peñas durante as festas, como é Quin Riveiro.

Abarrote festivo en Boiro no ecuador das súas festas do verán

Boiro segue de cheo na celebración das súas festas do verán. Durante a fin de semana a localidade converteuse nun polo de atracción e as rúas estiveron ateigadas de xente, tanto veciños coma visitantes, que non quixeron deixar pasar a oportunidade de vivir dende dentro uns festexos marcados pola tradición e as actuacións musicais.

Afúndese un barco atracado no porto de Ribeira

Un barco atracado no peirao de Ribeira afundíase. O pesqueiro, o ‘María Estefanía’, atopábase fóra de servizo dende hai varios anos. Polo de agora descoñécense as posibles causas do afundimento, aínda que todo apunta a que puidera deberse á falla de mantemento da embarcación.

O Museo do Gravado de Artes celebra os seus 25 anos como embaixador internacional...

O Museo de Artes do Gravado de Ribeira vestiuse de longo na celebración do seu 25 aniversario. O acto celebrado a pasada tarde contou cunha ampla representación institucional co presidente da Xunta á cabeza quen destacou o papel deste centro como motor cultural e embaixador internacional de Galicia.

Boiro promove unha campaña de envío de axuda humanitaria a Venezuela

As mostras de solidariedade con Venezuela continúan días despois da traxedia. En Boiro, a comunidade venezolana está a realizar, canalizada por Cáritas, unha recollida de roupa,  alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e medicamentos para facela chegar o máis axiña posible ó país caribeño, para a que piden a máxima colaboración.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete