Arranca a campaña do polbo con menos capturas que o pasado ano
Malia que aínda é prematuro facer balance, o arranque da campaña do polbo tras meses de veda non deixou moi boas sensacións. As dúas primeiras xornadas deixaron menos capturas que en anos anteriores aínda que a cotización foi bastante boa.
Rescatan a un menor en Barraña que quedou á deriva nunha táboa de paddlesurf
Susto na praia de Barraña, en Boiro, onde un menor tivo que ser rescatado polos servizos de emerxencia tras quedar á deriva nunha táboa de paddle surf. Foron varios particulares os que deron o aviso ó 112 tras decatarse de que o neno tiña dificultades para volver á praia e estaba a ser arrastrado pola corrente.
Barbanza estrea ambulancia medicalizada
O Conselleiro de Sanidade desprazou ata o hospital comarcal para supervisar a posta en servizo deste novo recurso que vén de satisfacer unha demanda histórica da área sanitaria.
Máis de 200 nenos participan no campamento de conciliación de Boiro
Un total de 220 nenos de Boiro iniciaron esta mañá un verán de lecer nos campamentos de conciliación do concello. Desenvolveranse en catro sedes para achegar o servizo ás familias que residen nas principais parroquias.
A Dorna e o martes de Entroido, festivos locais aínda que sen carácter permanente
O martes de entroido e o 24 de xullo serán os festivos locais de Ribeira en 2027. O pleno aprobou por unanimidade unha declaración de intencións para propoñer estas dúas datas de cara ó próximo ano aínda que a emenda presentada polo PP e PBBI eliminou o carácter permanente que propoñía o BNG.
Boiro avanza cara a rede de mercados excelentes coa posta en marcha dunha aula...
O director xeral de Comercio visitou esta mañá a praza de abastos de Boiro onde se vai acondicionar unha aula gastronómica. A creación deste espazo, financiada pola Xunta e o concello, enmárcase no proceso para a incorporación do mercado de Boiro no rede de mercados excelentes de Galicia.
Turismo de Galicia pon en valor a contorna do hórreo do Araño
A Xunta de Galicia colaborará co concello de Rianxo na mellora da contorna do hórreo do Araño. A actuación, cun orzamento que supera os 215 mil euros no seu total, concentrarase na reordenación da zona e o acondicionamento dos accesos para favorecer o percorrido por un dos bens patrimoniais máis visitados da comarca.
Antón Riveiro Coello, fillo adoptivo de Boiro
Antón Riveiro Coello xa é fillo adoptivo de Boiro. A corporación aprobou por unanimidade o nomeamento do escritor nun pleno extraordinario celebrado o pasado sábado. Ó remate tivo lugar un acto institucional na casa do concello no que o homenaxeado expresou a súa gratitude por este recoñecemento.
Multitudinaria manifestación na Pobra en defensa da sanidade pública
Multitudinaria manifestación a vivida onte domingo na Pobra en defensa da sanidade pública. A mobilización tiña coma principal finalidade reclamar a cobertura de tódalas prazas de profesionais no centro de saúde da localidade e un PAC a tempo completo con urxencias pola tarde.
Belén do Campo supervisa a posta a punto do campamento xuvenil de Espiñeira
A Xunta de Galicia traballa na posta a puntos das instalacións xuvenís para acoller os participantes nos distintos campamentos que se desenvolverán durante o verán en toda Galicia. A delegada territorial da Xunta na Coruña supervisaba esta maña os campamentos de Espiñeira en Boiro e Virxe do Loreto no Porto do Son, nos que se acometeron diversas melloras.

















