O mercado da Pobra celebrarase o próximo mércores a pesar de coincidir co festivo...

O concello da Pobra aposta por celebrar o mercado ambulante o próximo mércores coincidindo coa festividade de San Xoán. Dan así resposta a unha vella demanda dos vendedores que solicitaban manter a data aínda que non caera en día laborable.

Un apicultor da Pobra gaña a medalla de ouro no Certame Internacional de Hidromel...

Fernando Cores vén de situar á Pobra no mapa europeo da apicultura tras gañar o Concurso Internacional de Hidromel celebrado en Portugal. O delegado da asociación galega de Apicultura no Barbanza e O Salnés conseguiu a máxima distinción do xurado cunha elaboración caseira a base de mel e herbas aromáticas.

A Pobra sairá a rúa en defensa da sanidade pública o domingo 28 de...

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo 28 de xuño na Pobra. A saída terá lugar ás doce da mañá, dende as inmediacións do centro de saúde, para percorrer diversas rúas da vila ata a Praza do Emigrante. A mobilización ten coma principal finalidade a demanda de solucións ás carencias na atención sanitaria que padece a veciñanza da localidade, entre as que se atopa a solicitude dun PAC en horario de tarde.

A taxa de criminalidade en Boiro durante o 2025 situouse por debaixo da media...

BOIRO> Boiro é un municipio seguro, ou así se deixa entrever, despois da publicación dos índices de de criminalidade correspondentes ó pasado ano 2025,...

O BNG propón a Dorna e o martes de Entroido como festivos locais con...

O BNG volverá propoñer a designación do día da Dorna e o martes de entroido como festivos locais en Ribeira.A proposta dos nacionalistas, que se debaterá no próximo pleno, pasa por consolidar estas dúas datas en vindeiros anos, agás cando o 24 de xullo coincida en domingo.

Chega a Ribeira a mostra itinerante do Premio Luís Ksado da Deputación da Coruña

A sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle dende hoxe a exposición fotográfica Luís Ksado da Deputación a Coruña. Xunto coas series premiadas seleccionáronse outras catro finalistas para conformar a mostra que se poderá visitar en Ribeira ata o próximo 5 de xullo.

Escolares de Ribeira aprenden valores a través da música na segunda edición de DiVersos

O auditorio de Ribeira acolleu esta mañá a gala de peche do proxecto Diversos no que participaron 11 centros educativos do municipio. A iniciativa busca poñer en valor a diversidade a través da música.

Boiro avanza na mellora das infraestruturas deportivas

O concello de Boiro avanza na mellora de varias infraestruturas deportivas do municipio. Mentres as obras do campo da Mina avanzan a bo ritmo, o pleno xa aprobou a solicitude dun convenio á Deputación para a renovación do céspede artificial de Vista Alegre.

AGADEA construirá en Boiro a primeira residencia de maiores do municipio

O concello de Boiro cedeu unha parcela á AGADEA para a construción  dunha residencia. Trátase dunha superficie duns tres mil cincocentos metros cadrados, no lugar do Saltiño, que albergará o futuro inmoble con capacidade para 39 usuarios.

O Torneo Internacional Congalsa logra recadar máis de 7 mil euros para a Fundación...

Esta mañá a organización do Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base celebrado o pasado mes de maio na Pobra fixo balance da competición. A nivel deportivo e organizativo o Torneo volveu a saír de 10, logrando ademais recadar máis de 7 mil euros que irán destinados á Fundación Aladina, que presta apoio a nenos con cancro e ás súas familias. 

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete